Alcioneo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo xenealoxía
Liña 1:
[[Ficheiro:Athena contra Alkyoneus, Nike.JPG|miniatura|Atenea loitando contra Alcioneo, mentres Xea, a nai deste, pide clemencia (Altar de Pérgamo, Berlín)]]
 
Na [[mitoloxía grega]] '''Alcioneo''' ou '''Alción''' (en [[Lingua grega antiga|grego]], ''Άλκυονεύς''), era un [[xigantes (mitoloxía grega)|xigante]] de inmenso tamaño e forza terrible, fillo -como o resto dos Xigantes- de [[Xea]] (a terra) e [[TártaroUrano (deusmitoloxía)|TártaroUrano]], un dos deuses primordiais.{{cómpre referencia}} Este deus era a personificación do [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]], rexión no máis profundo do inframundo onde se mantiña encerrado ós [[Titán (mitoloxía)|Titáns]].
 
Os Xigantes, incitados por Xea como vinganza pola sorte sufrida polos [[Ciclope]]s e os [[Hecatonquiros]], tamén fillos seus, rebeláronse contra [[Zeus]] e o resto dos [[deuses olímpicos]] nunha guerra coñecida como [[Xigantomaquia]], na que foron derrotados e mortos. Aínda que os Xigantes foran de raza divina, eran mortais, pero sempre que foran feridos simultaneamente por un [[deus]] e un mortal, polo que Zeus chamou ó seu lado ó heroe [[Heracles]]