Alcioneo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 5:
Os Xigantes, incitados por Xea como vinganza pola sorte sufrida polos [[Ciclope]]s e os [[Hecatonquiros]], tamén fillos seus, rebeláronse contra [[Zeus]] e o resto dos [[deuses olímpicos]] nunha guerra coñecida como [[Xigantomaquia]], na que foron derrotados e mortos. Aínda que os Xigantes foran de raza divina, eran mortais, pero sempre que foran feridos simultaneamente por un [[deus]] e un mortal, polo que Zeus chamou ó seu lado ó heroe [[Heracles]]
 
AncioneoAlcioneo e [[Porfirión]] foron os principais protagonistas do enfrontamento. Alcioneo tiña a propiedade da inmortalidade mentres loitase na terra onde nacera ([[Palene]], en [[Reino de Macedonia|Macedonia]]), por iso erguíase de novo unha e outra vez tras ser ferido polas frechas de Heracles (envenenadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]). Aconsellado por [[Atenea]], Heracles logrou sacar a Alcioneo da súa terra e así conseguiu acabar con el. As distintas fontes dan dúas explicacións: para uns arrastrouno ata fóra do seu territorio; para outros, Heracles simulou fuxir enganando ó xigante, que ó perseguilo non se deu de conta que estaba fóra da súa terra.
 
{{cita|"''Superaban a todos Porfirio e Alcioneo, que era inmortal en tanto que luchara sobre a terra pola que precisamente fora enxendrado...'' [Heracles] ''primeiro disparou as súas frechas contra Alcioneo, pero en canto caía en terra recobraba o seu vigor. Por recomendación de Atenea, arrastrouno fóra de Palene e deste xeito logrou que morrera''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 6, 1)}}