Basílio da Gama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:
No poema, o autor posiciónase favorabelmente ao Marqués de Pombal e aos portugueses, caracterizando os xesuítas como os viláns da historia. Tivo tamén a intuición de describir o conflito entre o ordenamento racional da Europa e o primitivismo do indio. Basílio mostra simpatia polo indio vencido en canto transfere o ataque aos xesuítas. Traballa o poema en dous planos complementarios: o dos versos e o das notas. As notas en prosa, paralelas aos versos, louban a tarefa proposta de combater os xesuítas e exaltar a Pombal.
 
José Basílio da Gama fai detalladas e exuberantes descripcións da natureza brasileira. Nun lirismo sen referencias nin formulasfórmulas presentes en ''Os Lusíadas'', feito remarcado polos críticos contemporáneos dos séculos XVII e XVIII, sendo esta referencia un fenómeno común para os poetas da época.<ref>[http://193.137.34.194/index.php/rll/article/viewFile/8233/7521 "Basílio da Gama"]{{pt}}</ref>
 
En canto á estrutura técnica, o poema ten cinco cantos, versos decasílabos sen esquema rítmico ( brancos ) e sen estrofa, obedecendo á tradición épica das cinco partes ( proposta, invocación, dedicatoria, narración e epílogo ), mais sen seguila nesa secuencia.