Diferenzas entre revisións de «Alcioneo»

cita
(remato)
(cita)
 
Ancioneo e [[Porfirión]] foron os principais protagonistas do enfrontamento. Alcioneo tiña a propiedade da inmortalidade mentres loitase na terra onde nacera ([[Palene]], en [[Reino de Macedonia|Macedonia]]), por iso erguíase de novo unha e outra vez tras ser ferido polas frechas de Heracles (envenenadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]). Aconsellado por [[Atenea]], Heracles logrou sacar a Alcioneo da súa terra e así conseguiu acabar con el. As distintas fontes dan dúas explicacións: para uns arrastrouno ata fóra do seu territorio; para outros, Heracles simulou fuxir enganando ó xigante, que ó perseguilo non se deu de conta que estaba fóra da súa terra.
 
{{cita|"''Sobrepasaban a todos Porfirio e Alcioneo, que era inmortal en tanto que luchara sobre a terra pola que precisamente fora enxendrado...'' [Heracles] ''primeiro disparou as súas frechas contra Alcioneo, pero en canto caía en terra recobraba o seu vigor. Por recomendación de Atenea, arrastrouno fóra de Palene e deste xeito logrou que morrera''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 6, 1)}}
 
Durante esta persecución, Alcioneo lanzou unha rocha enorme contra Heracles, esmagando a 24 dos seus compañeiros. Nalgún texto explícase que o propio Heracles rexeitou a rocha coa súa clava, matando así ó xigante. [[Píndaro]] afirma que a rocha podía verse no [[istmo]] de [[Istmo de Corinto|Corinto]].
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
{{Mitoloxía grega}}
59.994

edicións