O cazador de papaventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 98:
Edward Hower de ''The New York Times'' analizou deste xeito o retrato de Afganistán antes e despois dos talibáns:
 
{{Cita|A representación de Hosseini do Afganistán prerrevolucionario como é rica en calor e humor pero tamén tensa polas friccións entre os diferentes grupos étnicos do país. O pai de Amir, ou Baba, personifica todo o que é imprudente, valente e arrogante no seu pobo pashto&nbsp;... O fío argumental da novela vólvese escuro cando Hosseini describe o sufrimento do seu país baixo a tiranía dos talibáns, os que se encontra Amir cando finalmente volve a casa, coa esperanza de axudar a Hassan eae a súa familia. A parte final do libro está chea de imaxes asombrosas: un home, desesperado por alimentar os seus fillos, tentando vender a súa perna ortopédica nun mercado; unha parella adúltera lapidada até a morte nun estadio durante o medio tempo dun partido de fútbol; un rapaz novo forzado á prostitución, bailando os pasos de baile que realizou unha vez o mono dun organista.<ref name="Hower">{{cita novas|nome=Edward|apelido=Hower|título=The Servant|url=https://www.nytimes.com/2003/08/03/books/the-servant.html|editor=The New York Times|data=3 de agosto de 2003|dataacceso=1 de agosto de 2013}}</ref><ref>Traducido do orixinal:Hosseini's depiction of pre-revolutionary Afghanistan is rich in warmth and humor but also tense with the friction between the nation's different ethnic groups. Amir's father, or Baba, personifies all that is reckless, courageous and arrogant in his dominant Pashtun tribe&nbsp;... The novel's canvas turns dark when Hosseini describes the suffering of his country under the tyranny of the Taliban, whom Amir encounters when he finally returns home, hoping to help Hassan and his family. The final third of the book is full of haunting images: a man, desperate to feed his children, trying to sell his artificial leg in the market; an adulterous couple stoned to death in a stadium during the halftime of a football match; a rouged young boy forced into prostitution, dancing the sort of steps once performed by an organ grinder's monkey.</ref>}}
 
Meghan O'Rouke, crítica cultural e editora para ''[[Slate Magazine]]'' atopou ''O cazador de papaventos'' mediocre e escribiu "Esta é unha novela que se esforza simultaneamente en entregar un retrato informativo a grande escala e escenificar un pequeno drama redentor, pero a súa alegoría terapéutica de recuperación só pode minar as súas ambicións realistas. A xente experimenta as súas vidas no contexto da súa cultura e, mentres Hosseini non se limita a soamente exotizar a Afganistán como un lugar monolítico estranxeiro, fai tanto traballo para facer a súa novela emocionalmente accesible ó lector estadounidense que case non hai espazo, e ó cabo, para que consideremos durante moito tempo o que podería diferenciar ós afgáns e ós estadounidenses".<ref name="O'Rourke">{{cita novas|nome=Meghan|apelido=O'Rourke|título=Do I really have to read 'The Kite Runner'?|url=http://www.slate.com/articles/news_and_politics/the_highbrow/2005/07/the_kite_runner.html|editor=Slate Magazine|data=25 de xullo de 2005|dataacceso=30 de xullo de 2013}}</ref> Sarah Smith de ''The Guardian'' coidou que a novela comezou ben pero que tendeu a vacilar contra o remate. Ela sentiu que Hosseini estaba demasiado concentrado en redimir completamente o protagonista na Parte III e ó facelo creou demasiadas coincidencias pouco realistas que lle deron a Amir a desfacer os erros do seu pasado.<ref name="Smith">{{cita novas|nome=Sarah|apelido=Smith|título=From harelip to split lip|url=https://www.theguardian.com/books/2003/oct/04/featuresreviews.guardianreview15|editor=The Guardian|data=3 de outubro de 2003|dataacceso=1 de agosto de 2013}}</ref>