María Ruido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 23:
En 1999, co apoio do [[Centro Galego de Arte Contemporánea]] (CGAC) en Santiago de Compostela, elabora ''Ethics of Care'', un videoensaio a partir da gravación dunha ''rave'' na [[Sala Nasa]] en Santiago de Compostela en maio dese ano. Propuña a bricolaxe ([[Do it yourself|DIY]]) e a fragmentación "como unha práctica política activa" e esculcaba na "posibilidade de construír unha mirada transformadora compracente dunha lectura transversal de representacións mediáticas homologadas ([[pornografía]], [[publicidade]] ou canon tradicional artístico)".<ref>{{Cita web|url=http://www.workandwords.net/es/projects/view/484|apelidos=Ruido|nome=María|páxina-web=www.workandwords.net|título=Ethics of care|data-acceso=2018-08-03|lingua=es}}</ref> Apoiábase no texto “El ojo saturado de placer: sobre fragmentación, porno-evidencia y brico-tecnología". Ademais de ser incluída no ''Lost in Sound'' nas instalacións do CGAC ese ano, a peza forma parte do ciclo de proxeccións ''Bon rotllo'' programadas polo [[Museo de Arte Contemporánea de Barcelona]] (MACBA) para dar "conta das historias das culturas musicais cunha énfase especial nos seus aspectos políticos e sociais, é dicir, tendo en conta tanto as formas artísticas como os estilos de vida alternativos e os contextos onde están situados".<ref>{{Cita web|url=https://www.macba.cat/ca/bon-rotllo|páxina-web=www.macba.cat|título=Bon rotllo|data-acceso=2018-08-03|lingua=ca}}</ref>
 
Desde o 2001, María Ruido forma parte do grupo de traballo El Sueño Colectivo, xunto coa artista Virginia Villaplana eae a xestora cultural Montse Romaní.<ref>{{Cita web|url=https://www.macba.cat/es/cronologia-2246|páxina-web=www.macba.cat|título=María Ruido. Cronología|data-acceso=2018-08-03|lingua=es|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180803163743/https://www.macba.cat/es/cronologia-2246|dataarquivo=03 de agosto de 2018|urlmorta=yes}}</ref>
 
En 2003 recibiu o premio Nuevos Medios no ''Generaciones 2003'' (Madrid) polo seu traballo ''La memoria interior''. O proxecto, apoiado polo [[Ministerio de Cultura de España|Ministerio de Cultura]] e o distribuidor de videoarte Hangar (estreitamente vinculado como produtor á súa carreira), é o resultado dunha viaxe a Alemaña que a artista realizou a finais de 2000 e mais de dous anos de pescuda persoal sobre o construción da memoria e os mecanismos de produción da historia. Partindo da súa propia historia familiar, a creadora remóntase á importante [[Diáspora galega|emigración dos galegos]] e españois a [[Europa]] nos anos sesenta e setenta e reflexiona sobre os procesos de esquecemento e lembranza para establecer unha defensa da construción da memoria persoal e colectiva, como reivindicación política, contra a historia e a memoria oficiais.