Deméter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
Lameiro (conversa | contribucións)
unha filla, Perséfone
Liña 4:
'''Deméter''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] Δημήτηρ ou Δημητρα, ‘deusa nai’) é a [[mitoloxía grega|deusa grega]] da [[agricultura]], e protectora do [[matrimonio]] e a lei sagrada. Era louvada como a «portadora das [[Estación do ano|estacións]]» nun [[himno homérico]], un sinal de que era adorada moito antes da chegada dos [[deuses olímpicos|olímpicos]]. O [[himno homérico]] a Deméter foi datado sobre o século -VII. Xunto coa súa filla [[Perséfone]], eran as personaxes centrais dos [[misterios eleusinos]] que tamén precederon ó panteón olímpico.
 
Na [[mitoloxía romana]] asociábase a Deméter con [[Ceres (deusa)|Ceres]]. Cando se lle deu a Deméter unha xenealoxía, díxose que era filla dos [[Titán (mitoloxía)|titáns]] irmáns [[Cronos]] e [[Rea (deusa)|Rea]] (ambos fillos de Xea e Urano), e polo tanto irmá maior de [[Zeus]]. Con este tivo unha filla, [[Perséfone]], raíña do inframundo.
 
É doado confundir a Deméter con [[Xea]], a súa avoa, e con [[Rea (deusa)|Rea]], a súa nai, ou [[Cibeles]]. Os [[epíteto]]s da deusa revelan o amplo das súas funcións na vida grega. Deméter e [[Perséfone|Core]] (‘a doncela’) adoitaban ser invocadas como ''to theo'' (‘as dúas deusas’), e así aparecen nas inscricións en [[lineal B]] do [[Pilos]] [[Civilización micénica|micénico]] en tempos pre-[[Grecia antiga|helénicos]]. É bastante probable que existise unha relación cos cultos a deusas da [[Civilización minoica|Creta]] [[Minos|minoica]].