Pléiades: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
{{outros homónimos|Pléiades (homónimos)}}
[[Ficheiro:M45map.jpg|350px|thumb|dereita|Imaxe composta en cor das Pléiades]]
As '''Pléiades''' («pombas» en grego), tamén coñecidas coma '''Obxecto [[Catálogo Messier|Messier]] 45''', '''[[Catálogo Messier|M]]45''', '''As Sete Irmás''' ou o '''Setestrelo''', son un [[cúmulo estelar]] aberto visible a simple vista no ceo nocturno, cun prominente lugar na mitoloxía antiga, situado nun costado da [[constelación]] de [[Tauro]]. As Pléiades son un grupo de [[estrela (astronomía)|estrelas]] moi novas situadas a unha distancia aproximada de 440 [[ano luz|anos luz]] da [[Terra]], contidas nun espazo de trinta anos luz. Formáronse hai uns 100 millóns de anos aproximadamente, durante a era [[Mesozoico|Mesozoica]] na Terra, a partir do colapso dunha nube de gas interestelar. As estrelas máis grandes e brillantes do cúmulo son de cor branquiazul e teñen un tamaño preto de cinco veces máis grande ca o [[Sol]].
 
== Composición ==
O cúmulo ten uns 12 anos luz de diámetro e contén un total aproximado de 500 estrelas. Está dominado por [[Estrela azul|estrelas azuis]] novas, das que oito poden observarse a simple vista dependendo das condicións [[Atmósfera|atmosféricas]] (ceos limpos e ausencia de Lúa): [[19 Tauri|Taygeta]] (4.29), [[28 Tauri|PleionePléione]] (5.05), [[23 Tauri|Merope]] (4.14), [[20 Tauri|Maia]] (3.87), [[17 Tauri|Electra]] (3.72), [[16 Tauri|Celaeno]] (5.45), [[27 Tauri|Atlas]]( 3.62) e [[25 Tauri|Alcione]] (2.85). Os números entre paréntese indican a súa magnitude de brillo aparente.
 
== Véxase tamén ==