Veda (relixión): Diferenzas entre revisións

antigos escritos do hinduísmo
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das referencias.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2020 ás 20:17

En relixión, denomínase Veda a cada un dos textos sagrados que constitúen o fundamento da tradición relixiosa da India. Estes textos están escritos en sánscrito arcaico.[1]

Páxina dun texto sánscrito do Rig veda, en escritura devanagari.

Os Vedas pertencen ao vedismo, ou relixión do período védico, historicamente anterior ao hinduísmo.[2]

Textos

Estes textos on recompilacións de himnos, coleccións de oracións, fórmulas de consagración e expiación dirixidos aos deuses:

  • O Rig veda (ou 'Veda dos himnos'), o texto máis antigo da literatura da India, de mediados do II milenio a. C. Texto épico-relixioso con 1 028 himnos (denominados rik) dedicados a múltiples deuses.
  • O Sama veda (ou ‘Veda cantábel’), que consiste nun 96 % dos himnos do Rig-veda, ordenados de maneira diferente.
  • O Yajur veda (ou ‘Veda do sacrificio’), que consta dun terzo de himnos do Rig-veda.
  • O Atharva veda (ou ‘o Veda do [sabio] Átharvan’), conxunto de himnos para contrarrestar maleficios nun sacrificio de fogo.

Notas

  1. veda, 2º artigo no Dicionario da RAG
  2. A Enciclopedia británica (2005) utiliza indistintamente os termos vedismo, brahmanismo védico e brahmanismo, pero reserva o termo vedismo para a primeira etapa (previa ao período Bráhmana), e define o brahmanismo como a relixión da antiga India que evolucionou a partir do vedismo, e que toma o seu nome da posición predominante da súa clase sacerdotal (os bráhmanas) e da especulación acerca do Brahman, o poder supremo.

Véxase tamén

Outrios artigos


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.