Roupa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 56:
As persoas tamén usan roupas por necesidade. Os médicos e enfermeiros usan roupas como unha medida de protección leve contra os microorganismos, por exemplo. Persoas que traballan con materiais [[radioactividade|radioactivos]] usan roupas con proteccións especiais, que cobren todo o corpo, para protexer a persoa de perigosos raios electromagnéticos. Os soldados usan roupas que buscan protexer o usuario, a través da [[camuflaxe]]. Os nadadores usan pouca roupa, porque a roupa posúe pouca práctica dentro da auga.
 
A roupa usada en certos ambientes da sociedade son estandarizados, para facilitar a identificación dos seus usuarios eae a súa ocupación. Por exemplo, os nenos en moitas escolas usan uniformes para a identificación da escola onde elas estudan. Persoas traballando como tripulantes dunha [[aeroliña]] usan uniformes fornecidos por tales compañías. Os xogadores dun equipo deportivo (por exemplo, un equipo de [[fútbol]]) usan un uniforme estándar que identifica os xogadores e os diferencian dos xogadores doutros equipos. Outros exemplos son os movementos e grupos sociais.
 
O tipo de roupa que se usa varía segundo o [[clima]] da rexión, especialmente con respecto á [[temperatura]]. As temperaturas moi baixas requiren roupas pesadas que axudan a illar ou reter a calor dunha persoa, mentres que en rexións quentes son amplamente usadas roupas finas como camisas, tops e bermudas. Outras actividades que elevan a temperatura do corpo humano, como os deportes, requiren roupas lixeiras por cuestións prácticas xa que axudan a suor a evaporarse. A roupa protexe igualmente, de xeito global, contra as suciedades, e participa na [[hixiene]] contribuíndo á limpeza do corpo (evacuación da [[suor|transpiración]]).