Diferenzas entre revisións de «Pedro Barrié de la Maza»

sen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
|ocupación = Empresario
|cónxuxe = Amalia Torres Sanjurjo, [[Carmela Arias Díaz de Rábago]]}}
'''Pedro Barrié de la Maza''', [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]], nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[17 de decembro]] de [[1888]] e falecido na mesma cidade o [[14 de marzo]] de [[1971]],<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1971/03/14/023.html "Ha muerto el conde de Fenosa"] ''ABC'', 14/3/1971 {{Es}}.</ref>, foi un empresario [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - A Coruña.jpg|miniatura|Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.]]
[[Ficheiro:Fundación Barrié (1).JPG|miniatura|Edificio da Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña.]]
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.
 
O 1 de outubro de [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] e a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].
 
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]].<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ABC |data= 30 de decembro de /12/1958 |dataacceso=10 de decembro de /12/2012}}</ref>. Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
 
En [[1966]] creou a [[fundación Conde de Fenosa]] con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]], absorbido por [[Banco Popular Español|Banco Popular]], e despois [[Banco Santander]].
 
== Vida persoal ==
Casou en [[1916]] con Amalia Torres Sanjurjo, filla de [[Eduardo Torres Taboada]], que finou en 1952<ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml |título=Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo |data-acceso=08/04/2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160421183049/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml |dataarquivo=21/044/2016 |urlmorta=yes |xornal=La Voz de Galicia |lingua=es}}</ref>. Volveu casar en [[1966]] con [[Carmela Arias Díaz de Rábago]], filla do seu curmán [[Vicente Arias de la Maza]].
 
== Notas ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* {{Cita libro |artigo=Barrié de la Maza, Pedro |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=1 |páxina=99 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |autor= |artigo=Barrié de la Maza, Pedro |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
* {{Cita libro |nome-editor= Feliciano |apelidos-editor= Barrera |ligazón-editor= Feliciano Barrera |título= Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia |ano= [[novembro]] de [[2004]] |editorial= [[Editorial Compostela]]: ''[[El Correo Gallego]]'' / ''[[O Correo Galego]]'' |lugar= [[Santiago de Compostela]] |lingua= castelán |isbn= 84-8064-137-1 |url= }}
* {{Cita libro |título=La economía de la guerra civil |nome1=Pablo |apelidos1=Martín Aceña |apelidos2=Martínez Ruiz |nome2=Elena |ano=2006 |editorial=Marcial Pons|lugar= |isbn=8496467333}}
* {{Cita libro |título=Historia política del constitucionalismo español |nome=José |apelidos=Peña González |ano=2006 |editorial=Dykinson |isbn=8497729064}}
{{Reftermina}}
=== Outros artigos ===
* [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2812420.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
193.924

edicións