Propileos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 3:
Os '''Propileos''', tamén coñecidos como ''Propylea'', ''Propylea'' ou ''Propylaia'' (en [[grego antigo]] — ''Προπυλαια''), é a entrada monumental da [[Acrópole de Atenas]], composta por un gran pasaxe cuberto, construída no marco do programa monumental de [[Pericles]] entre [[-437]] e [[-431]].
 
Nos plans de [[Pericles]], a construción dos Propileos debía seguir á do [[Partenón]]. Debían constituír unha entrada monumental ao complexo de templos e coroar o camiño escarpado que leva á cima da cidade alta polo seu lado sur. Os Propileos debían substituír aoo propileo simple construído baixo [[Pisístrato]]. Comezados en [[-437]], non foron nunca acabados, sendo interrompidos os traballos en [[-432]], un ano antes do estalido da [[guerra do Peloponeso]].
 
Na Grecia antiga, a palabra ''propileos'' (Προπυλαια), empregada en singular, designaba un vestíbulo situado diante dunha entrada dun santuario, dun palacio ou dunha [[ágora]]; empregado en plural, designa as entradas monumentais de estruturas moito máis complexas, como as de [[Eleusis]], [[Corinto antiga|Corinto]] e [[Epidauro]].