Diferenzas entre revisións de «Florín florentino»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Categoría.)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
== Historia ==
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a [[Cuñaxe|cuñar]] unha moeda de alto valor que puidera substituír ásas pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].
 
O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a [[flor de lis]], emblema de [[Florencia]], coa lenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).
7.522

edicións