Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 174:
 
A gran vantaxe da zoofilia é, evidentemente, o modo moito máis orientado en como se realiza o transporte do pole polos animais que voan de flor en flor. Deste xeito, foi posible para as plantas reducir significativamente a cantidade necesaria de pole producido, que no caso da polinización anemófila tende a ser moi alto. Ademais, resultou posible para as anxiospermas ocupar hábitats nos que non hai vento, por exemplo o interior dos bosques e vivir en poboacións pouco densas.<ref name="ST" />
 
Nas ximnospermas, o pole non é recibido por un estigma papiloso-viscoso senón que é capturado directamente na micrópila do óvulo por unha "pinga polinizante", ademais, os óvulos descubertos son moito máis sensibles ás inclemencias do clima. A flor das anxiospermas dotouse dun grao moito maior de independencia respecto da humidade ambiental, o cal, sumado ás vantaxes do [[hermafroditismo]] e da zoofilia, explica porqué estas plantas lograron a supremacía fronte ás ximnospermas e outros grupos de vexetais que posuían flores unisexuales e anemófilas.<ref name="ST" />
 
== Clasificación das flores ==