Hecatonquiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 2:
[[Ficheiro:Ell-Ekatogheires.ogg|miniatura|dereita|300px|Pronuncia do nome.]]
Na [[mitoloxía grega]] os '''Hecatonquiros''' ou '''Hecatonqueros''' (en [[lingua grega|grego]] Έκατόνχειρες ''Hekatonkheires'' ou Έκατόνταχειρας ''Hekatontakheiras'', 'os de cen mans'), coñecidos tamén como '''Centimanos''' (do [[lingua latina|latín]] ''Centimani''), eran [[Xigantes (mitoloxía grega)|xigantes]] monstruosos con cen brazos e cincuenta cabezas, fillos de [[Gaia]] e [[Urano (mitoloxía)|Urano]].
 
{{cita|"''Tamén de Xea e Urano naceron outros tres fillos enormes e violentos cuxo nome non debe pronunciarse: Cotto, Briareo e Xigues, monstruosos enxendros. Cen brazos informes salían axitadamente dos seus ombreiros e a cada un lle nacían cincuenta cabezas, sobre robustos membros. Unha forza terriblemente poderosa albergábase no seu enorme corpo''"|Hesíodo: ''Teogonía}}
 
Os Hecatonquiros eran tres: '''[[Briareo]]''' ('forte'), '''[[Xigues]]''' e '''[[Cotto (mitoloxía)|Cotto]]'''. [[Homero]] tamén se referiu a Briareo como '''Exeón''' ('cabruno'), aínda que este era tamén o nome dun deus do mar diferente. Segundo Pierre Grimal, ''os deuses chamábano Briareo, e os homes, Exeón''.