Gamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Taxobox
| name = Gamo europeo
| image = Fallow deer in field.jpg
| image_width = 250px
Liña 21:
| range_map2_caption = Distribución no mundo
}}
O '''gamo común''' ou '''europeo'''<ref>{{DRAG|gamo}}</ref> ('''''Dama dama''''', ás veces chamado ''Cervus dama'') é unha [[especie]] de [[cérvido]] nativa da [[Mediterráneo|área mediterránea]]. Diferénciase do outro gran [[cérvido]] [[Europa|europeo]], o [[cervo común]] (''Cervus elaphus''), no seu menor tamaño, o seu manto de pelo pardo-avermellado salpicado de pintas brancas (ocasionalmente cunha banda escura no lombo) e as súas hastas palmadas.
 
== Morfoloxía ==
Liña 30:
 
== Hábitat ==
Esta especie prefire os bosques de folla caduca relativamente húmidos, onde se alimenta preferentemente de follas de árbores e matogueiras e en menor medida de herbas. Na antigüidade, o gamo converteuse nunha presa cobizada polos cazadores, sobre todo os pertencentes ás clases altas. Isto, paradoxalmente, contribuíu á súa conservación e introdución en varios lugares onde antes non estaba presente ou se extinguira durante a derradeira [[glaciación|era glacial]]. A maior expansión produciuse durante o [[Imperio Romano]] e a [[Idade Media]], cando a especie foi introducida na [[Centroeuropa|Europa central]], as [[Illas Británicas]] e o sur da [[Península Escandinava]] e [[Finlandia]]. Con todo, a unha especie relacionada que vivía en [[Oriente Medio]], o [[gamo persa]] (''Dama mesopotámica''), foille considerablemente peor, e chegou a crerse extinta ata que se redescubriron unhas cantas cabezas nunha rexión afastada do sueste de [[Irán]]. Os gamos europeos adoitan ser habitantes habituais dos parques e xardíns de varios países, onde se crían con fins ornamentais.
 
Ao contrario que outros cérvidos do seu tamaño, non forma mandas senón que vive en grupos familiares de menos de 10 individuos, ou ben leva unha vida solitaria. Un macho únese a un destes grupos durante a época de celo, normalmente en [[outubro]]. En [[xuño]] as femias preñadas paren unha cría, de cando en cando dúas ou ata tres.
Liña 39:
O gamo é unha especie polígama. A época de apareamento ten lugar a comezos do outono. Os machos adultos marcan o seu territorio e compiten con outros machos para cortexar ás femias. Emiten un son característico para advertir aos machos e atraer ás femias. O período de [[xestación]] dura 8 meses e teñen unha cría por cada parto, xeralmente na primavera.
 
==Notas==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
{{commons|Dama dama}}