Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 150:
|formato= abstract
}}</ref> Aparentemente, permaneceron recluídas nese tipo de hábitats durante todo o [[Cretáceo]].<ref name=Wing1998 /> Isto debe restrinxir a súa importancia inicial, pero as súas innovacións adaptativas, a flor por exemplo, outorgáronlles a notoria flexibilidade que explica a rapidez da súa diversificación posterior cara a outros [[hábitat]]s.<ref name=Feild2004 />
 
=== A orixe das flores e da polinización por insectos ===
A forma primaria de polinización das [[espermatófita]]s primitivas é indubidablemente a [[anemofilia]], ou sexa, o transporte do pole polo vento. Esta é tamén a forma principal de diseminación das esporas nas [[Fento|pteridófitas]]. A falta de dirección no transporte dos gametos masculinos cara aos estigmas supérase grazas á produción de grandes cantidades de pole{{#tag:ref|Un exemplo disto é a [[choiva de xofre]] na época de floración das coníferas.|group=nota}} e á gran capacidade de flotación dos mesmos polo seu tamaño diminuto e lixeireza. Todas estas características, con todo, quedan aseguradas soamente se as plantas produtoras de pole crecen en lugares abertos e expostas ao vento e, ademais, constitúen poboacións densas con escasa distancia entre individuos.<ref name="ST" />
 
== Clasificación das flores ==