Diferenzas entre revisións de «Manuel Domínguez Benavides»

m
completo info e referencias
m (completo info e referencias)
 
== Traxectoria ==
Fillo do médico de [[Ponteareas]] [[Manuel Domínguez Sánchez]]. Autodidacta, formado nas Casas del Pueblo e Ateneos Populares, a carencia de estudos non foi impedimento para exercer como xornalista. Colaborou en [[El Tea]].<ref>''El Tea'', 3-7-1914, p. 3.</ref><ref>''El Tea'', 10-7-1914, p. 3.</ref> Licenciado en dereito en 1916 e mestre superior en 1917. Con 26 anos gañou o premio Gregorio Pueyo, que editou, en [[1922]]. Tamén escribiu a comedia ''El protagonista de la virtud'' coa que obtivo en [[1928]] o segundo premio nun concurso do ''[[ABC (xornal)|ABC]]''. Foi correspondente de ''Ahora'', ''[[La Estampa]]'' e ''Treball'' en [[París]]. En 1927 era redactor de ''[[El Liberal]]'' e dende marzo de 1928 ata 1937 foi redactor do popular semanario ''[[La Estampa]]''.
 
Residiu alternativamente en [[Madrid]] e [[Barcelona]], militando no [[PSOE]]. En [[1933]], publicou a súa primeira novela social ''Un hombre de treinta años'', de corte autobiográfico, á que se sumou ao ano seguinte ''El último pirata del mediterráneo'', un dos grandes éxitos populares da época. Foi detido durante [[folga xeral revolucionaria de 1934]], pasando dous meses en prisión e exiliándose despois en [[París]], onde residía cando estalou o [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]].
== Obras ==
Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.
 
=== Narrativa ===
* ''Lamentación'', 1922.
* ''En lo más hondo'', 1923.
* ''La historia se hace en Madrid'' (póstumo).
 
=== Teatro ===
* ''El protagonista de la virtud'', 1928.
* ''El hombre, la mujer y el diablo''.
== Notas ==
 
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
* [https://web.archive.org/web/20071214182427/http://www.cantabriarepublicana.org/Documentos/db/index.php?documento=DominguezBenavides1.htm Páxina sobre Manuel Domínguez Benavides.] {{es}}
* [https://web.archive.org/web/20040127092722/http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/la-escuadra-la-mandan-los-cabos.pdf La escuadra la mandan los cabos] {{es}}
* [http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/4847_dominguez-benavides-manuel Biografía na Fundación Pablo Iglesias]
 
{{Control de autoridades}}
95.300

edicións