Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 95:
 
O [[gametófito]] masculino das anxiospermas é o [[pole|gran do pole]] que se orixina a partir das [[micróspora]]s, como se describe a continuación. No interior dos sacos polínicos das anteras atópanse localizadas as [[célula nai|células nais]] das micrósporas, as cales son as células [[diploide]]s (teñen o mesmo número de [[cromosoma]]s que calquera outra célula da planta) que sofren o proceso de división celular chamado [[meiose]], logo do cal forman unhas catro micrósporas que presentan a metade do número de cromosomas que a planta orixinal (dise, entón, que son [[haploide]]s). Cada micróspora haploide atravesa dous procesos concomitantes para orixinar un gran de pole. Por unha banda, a súa parede celular desenvólvese, formando a [[exina]], composta dun polisacárido complexo, a esporopolenina e a [[intina]] constituída por celulosa. Dita parede do gran de pole presenta unha ou varias aperturas e un deseño da exina que é característico de cada especie vexetal. Doutra banda, o [[núcleo celular|núcleo]] haploide de cada micróspora divídese por [[mitose]] orixinando dous núcleos, tamén haploides, un é o denominado ''núcleo vexetativo'' e o outro é o ''núcleo xenerativo''. Este último volve dividirse, antes ou despois da polinización, dando dous ''núcleos gaméticos'' ou espermáticos (ver figura á esquerda).<ref>{{Cita web |url= http://www.biologia.edu.ar/plantas/flores.htm#gam_masc |título= El gametofito masculino |data-acceso= 8 de decembro do 2020 |autor= Raisman, J. y González, A.M |obra= Hipertextos del área de la biología. Reproducción de las plantas con flores. |editorial= Universidade Nacional do Nordeste |lugar=Arxentina}}
</ref><ref name="PIO" /><ref name="Gola">Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. ''Tratado de Botánica''. 2.ª edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.</ref>
[[Ficheiro:Saco embrionario.JPG|miniatura| Microfotografía do [[saco embrionario]] ou gametofito feminino das [[anxiospermas]]. Os [[núcleo celular|núcleos]] áchanse tinguidos de vermello e o [[citoplasma]]de celeste. Cara arriba da imaxe obsérvanse as [[sinérgida]]s, entre elas e máis abaixo áchase a [[oosfera]]. Debaixo desta atópanse os dous [[núcleos polares]] da célula central. Cara ao outro extremo do saco embrionario obsérvanse tres núcleos de [[antípodas]].]]