Fernando Álvarez de Sotomayor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a [[Toledo]], e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En [[1893]] iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor [[Manuel Domínguez Sánchez (pintor)|Manuel Domínguez]], quen o orientou definitivamente cara a pintura. Estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.
 
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en [[1899]] gañou unha pensión da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando|Escola de San Fernando]] para a Academia de Belas Artes de [[Roma]]. Dende a cidade italiana viaxou a [[París]], [[Países Baixos]] e [[Bélxica]]. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura [[Flandres|flamenga]] e holandesa, que tiveron unha grande influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en [[1904]], logra a primeira medalla da [[Exposición Nacional de Belas Artes]]. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En [[1905]] volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como ''O segador'', ''Saíndo de misa no pazo de Mende'' e ''Comida de voda en Bergantiños''.