Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outros homónimos|Elisa e Marcela (homónimos)}}
[[Ficheiro:Marcela y Elisa.jpg|miniatura|200px|Marcela e Elisa trala voda]]
'''Marcela Gracia Ibeas''' e '''Elisa Sánchez Loriga''' foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval<ref>{{Cita web|apelidos=Callón|nome=Carlos|ligazónautor=Carlos Callón|título=Os matrimonios homosexuais na Galiza medieval|url=http://www.carloscallon.com/2008/12/os-matrimonios-homosexuais-na-galiza.html|data-acceso=2020-12-08|páxina-web=O blogue do Carlos Callón}}</ref>. Casaron o [[8 de xuño]] de [[1901]] na [[A Coruña|Coruña]], as sete da mañá<ref>{{Cita web|url=http://milhomes.es/es_acciones_cultura_mh_elisa_y_marcela_4.html|páxina-web=Colectivo milhomes|título=Marcela y Elisa - La boda|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100404163903/http://milhomes.es/es_acciones_cultura_mh_elisa_y_marcela_4.html|data-acceso=7 de xullo de -7-2018|lingua=es|dataarquivo=04 de abril de 4-4-2010|urlmorta=yes}}</ref> na [[Igrexa de San Xurxo da Coruña|igrexa parroquial de San Xurxo]], e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina<ref name="ElMundo">{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/cronica/2002/350/1025512666.html|páxina-web=|título=Son dos mujeres y se casaron en 1901|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|last=García Solano|first=Manuel|xornal=El Mundo|date=30-066-2002}}</ref><ref name=Primer>{{Cita web|title = El primer matrimonio gay en España| publisher = 20 minutos| date = 088-06-2006| url = https://www.20minutos.es/noticia/128859/0/bodas/gay/mujeres/| accessdate = 099-066-2018}}</ref><ref name=ElPais>{{Cita web| last = Rivas | first = Manuel| title = Sae da sombra a poesía amatoria de Blanco Amor | xornal= El País| date = 099-033-2007| url = http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sae/da/sombra/poesia/amatoria/Blanco/Amor/elpepuespgal/20070309elpgal_30/Tes| accessdate = 17-066-2007}}</ref>.
 
A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á [[Arxentina]].
Liña 9:
== Primeiro encontro, separación e reencontro ==
[[Ficheiro:A Coruña - Iglesia de San Jorge 01.JPG|miniatura|[[Igrexa de San Xurxo da Coruña|Igrexa de San Xurxo]], onde casaron.]]
Marcela e Elisa coñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Os pais de Marcela, vendo que a amizade ía alén do [[Norma sexual|socialmente permitido]] e temendo un posible escándalo, enviaron a súa filla a [[Madrid]]. Pasou o tempo e ambas, unha na Coruña e outra en Madrid, remataron os seus estudos. Atoparíanse de novo cando Elisa foi destinada como mestra interina a [[Couso, Coristanco|Couso]], unha pequena parroquia de [[Coristanco]]. Preto, en [[Vimianzo]], na aldea de [[Calo, Vimianzo|Calo]], instalouse Marcela xa coma mestra superior. Decidiron vivir xuntas en Calo, onde Elisa exercía. En [[1889]], Marcela tivo que ir dar clases a [[Dumbría]] mentres Elisa ficaba en Calo, aínda que Elisa percorría polas noites varios quilómetros para poder ver a súa amante.<ref name=ElMundo/>.
 
== Identidade falsa e matrimonio ==
 
En 1901 Elisa adoptou un aspecto masculino (co cal se presentou na Escola Normal para solicitar un certificado de estudos), inventou un pasado e converteuse en Mario<ref name=Primer/>. Para este pasado inventado tomou como referencia un curmán seu morto nun naufraxio. Inventou tamén que pasara a infancia en [[Londres]] e que o seu pai era [[ateísmo|ateo]]<ref name=ElMundo/>. Ante esta última circunstancia, o padre Cortiella, párroco de San Xurxo, bautizou a Mario o [[26 de maio]] de [[1901]] e administroulle a [[primeira comuñón]], e posteriormente casou a parella o [[8 de xuño]] de [[1901]] trala publicación das amoestacións<ref name=Primer/>. A cerimonia foi breve, os padriños deron fe da súa validez e a parella pasou a noite de vodas na pensión Corcubión, na [[Rúa de San Andrés (A Coruña)|rúa de Santo André]].<ref name=Espido>{{Cita web |title título= Marcela y Elisa: Maestras naúfragas, por Espido Freire | publisher =Campus Campus| date = 077-066-2006 | url = http://www.elmundo.es/suplementos/campus/2006/460/1149693623.html | accessdate = 17-066-2007}}</ref>.
 
=== Consecuencias ===
 
Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o “matrimonio sen home”. A parella sería portada de xornais galegos e madrileños e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura<ref name=Espido/>. Semella que para que tivese lugar a [[excomuñón]], o párroco pediulle a un doutor que examinase a Mario para comprobar se era home ou muller<ref name="La Opinión">"La boda homosexual que la Iglesia olvidó anular", ''La Opinión'', 24-09-2006-. Consultado elo 17-06-2007</ref>. Mario accedeu e, cando o doutor emitiu o seu diagnóstico, tentou pasar por un [[hermafroditismo|hermafrodita]] cuxa condición fora diagnosticada en [[Londres]]<ref name="La Opinión"/>. A [[Garda Civil]] perseguiunas até a localidade de Dumbría, onde ambas exercían coma mestras. Tense constancia de que pasaron por [[Vigo]] e [[Porto, Portugal|Porto]] ([[Portugal]]) na súa fuxida. Nesta cidade, Elisa fíxose chamar Pepe e, de novo baixo a aparencia dunha parella heterosexual, as mulleres viviron como marido e muller durante dous meses.
 
O 1 de xullo de 1901 o xuíz [[Pedro Calvo Camina]] acordou procesalas e ordenar a súa busca e captura. O 18 de agosto, a petición da policía española, foron detidas e encarceradas.<ref name="BBC">{{Cita web | título=La fascinante historia de Marcela y Elisa, las pioneras lesbianas que se casaron en España (y tuvieron que huir a Argentina) | autor= Pablo Esparza | editorial=BBC Mundo |data=11 de noviembre de 2016| url =https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-37946980 |dataacceso=17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Foron liberadas trece días despois porque un movemento solidario liderado por activistas portuguesas esixiu a súa liberdade,<ref name="Público2">{{cita web |autor= Henrique Martiño|url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-matrimonio-lesbianas-gay.html | título = Marcela y Elisa, las únicas lesbianas que se casaron por la Iglesia | obra = Público |data= 22 de outubro de -10-2016 |dataacceso= 17 de xullo de -7-2018 |lingua= es}}</ref> realizándose ademais varias colectas públicas para axudalas economicamente. Entre tanto, Elisa xuraba que era un home para xustificar a situación. Porén, os dous médicos que a recoñeceron concluíron que o seu sexo era feminino e foi obrigada a vestirse de muller.<ref name="ElPaís3">{{cita web | autor= Cristóbal Ramírez|data= 14 de marzo de -3-2010 | url = http://www.elpais.com/articulo/portada/Marcela/Elisa/casadas/1901/elpepusoceps/20100314elpepspor_4/Tes | título = Marcela y Elisa, casadas en 1901 | xornal= El País |dataacceso = 17 de xullo de -7-2018 |lingua= es}}</ref> A pesar do rebumbio, a administración española solicitou a extradición da parella e Portugal aceptouna. Non obstante, antes de ser enviadas a España, foron xulgadas e absoltas polos delitos que se lles imputaban nese país.<ref name="BBC"/>
Antes de escapar do Porto cara a América, Elisa e Marcela transformáranse nunha familia, pois Marcela dera a luz unha nena o 6 de xaneiro de 1902.<ref name="ElPais2">{{cita publicación periódica| apelidos= Belinchón | nome= Gregorio | título= El primer matrimonio de lesbianas en España, nueva película de Isabel Coixet | xornal= El País | data= 6 de febreiro de 2010 | url = https://elpais.com/cultura/2018/02/06/actualidad/1517913640_851858.html |dataacceso= 17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Subiron entón nun barco cara á [[Arxentina]], coma tantos outros galegos da época, onde pasaron a lúa de mel e, finalmente, ficaron a vivir.<ref>{{Cita novas|autornome=Xosé Manuel |apelidos=Pereiro |data=20029-055-092002|xornal=El País |título=Efeméride parroquial |url=https://elpais.com/diario/2002/05/09/agenda/1020895204_850215.html|lingua=es|issn=1134-6582|data-acceso=20186-077-062018}}</ref> O desembarco en Buenos Aires, ese mesmo ano non foi doado. Traballaron como criadas durante un ano, mais o salario non daba para manter unha familia,<ref name="Público2"/> polo que tiveron que recorrer a novas estratexias para superar as circunstancias que impuñan a separación. Para iso Elisa, que nese país se indentificabaidentificaba como María Sánchez Loriga, casou en 1903 co dinamarqués Christian Jensen, un home vinte e catro anos máis vello ca ela, para aposentarseapousentarse nun fogar ao que facer chegar despois a Marcela, baixo a identidade de Carmen, como se fose a súa irmá, e a súa filla.
[[Ficheiro:Marcela Gracia Ibeas and Elisa Sánchez Loriga.jpg|miniatura]]
Co tempo e a negativa de Elisa (María) a consumar o matrimonio co seu home, xurdiron as sospeitas deste, o que o levou a pescudar e descubrir que María e Carmen eran efectivamente as célebres Elisa e Marcela das que tempo atrás informara a prensa.<ref name="Público"/> Víronse de novo enfrontadas aos tribunais ao tratar Jensen de anular o seu matrimonio. A sentenza ditaminou que o matrimonio si era válido por realizarse entre un home e unha muller, polo que non houbo cargos contra Elisa (María). Neste momento (1904) perdéuselles a pista. Algúns veciños de Dumbría espallaron un rumor, varios anos despois, sobor do falecemento de Elisa e o posterior casamento de Marcela cun home.<ref name=Galicia>{{Cita web| autor = Carlos Fernández| título = La primera boda sin hombre| xornal= La Voz de Galicia| data = 8 de xuño de 2001| url = https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2001/06/08/primera-boda-hombre/0003_603476.htm| accessdate = 09-06-2018}}</ref>
Liña 29:
En 1902 publicouse o libro ''La sed de amar'', do escritor [[Estremadura|estremeño]] [[Felipe Trigo]], que tivo unha gran repercusión na época.<ref>"El erotismo en las novelas de Felipe Trigo" de Alma Taylor Watkins (dispoñible en internet, páx. 102 do pdf).</ref> Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.<ref>"Decimonónica - Revista de producción cultural hispana" da [[Universidade do Norte de Illinois]]. Nesta revista aparece o artigo de Louise Ciallella: "Making Emotion Visible - Felipe Trigo and ''La sed amar''", que informa da publicación do libro e de como recolle as figuras de Marcela e Elisa.</ref>
 
En 2003, o redactor xefe da [[cadena SER]] Isaías Lafuente publicou o libro ''Agrupémonos Todas'' (2003), no que fixo un percorrido polo máis destacado do [[feminismo]] no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de [[Emilia Pardo Bazán]].<ref>{{Cita web|url=http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|páxina-web=FELGTB |título=Fallado el Premio Marcela y Elisa|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070927015451/http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa |data-acceso=7 de xullo de -7-2018 |lingua=es |dataarquivo=27 de setembro de -9-2007|urlmorta=yes}}</ref>
[[Ficheiro:Rótulo - Rúa Marcela e Elisa.jpg|miniatura|Rótulo da rúa Marcela e Elisa na Coruña]]
O 18 de decembro de 2008 presentouse no paraninfo da [[Universidade da Coruña]] o libro de [[Narciso de Gabriel]] ''Elisa e Marcela - Alén dos homes'', traballo de máis de 300 páxinas que recolle o periplo da parella entre que fuxiron da Coruña en xuño de 1901 ata o ano 1904.
 
A finais de 2011, a [[Universidade da Coruña]] presentou na sala "La Normal", unha exposición sobre o momento histórico vivido por estas mulleres así como a súa propia historia. Nun dos paneis contábase que a prensa mexicana anunciara en 1909 o suicidio de Elisa.<ref name="Público">{{cita novas| apelidos= Martiño|nome= Henrique| url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-lesbianas-suicidio-muerte.html | título = El trágico destino de Marcela y Elisa, las únicas lesbianas casadas por la Iglesia: ¿suicidio o cáncer terminal? | xornal= Público |data= 5 de novembro de -11-2016 |dataacceso= 26 de xullo de -7-2018 | lingua= es}}</ref>
 
En [[2017]] a compañía de teatro [[A Panadaría]] coproduciu co [[Centro Dramático Galego]] e os concellos de [[Rianxo]], [[Vimianzo]] e [[A Coruña]] a obra ''[[Elisa e Marcela (obra)|Elisa e Marcela]]'' que narra a historia delas.<ref>{{cita web|apelidos=Dopico|nome=Montse|título=A Panadaría: “Naces e asígnanche un lugar, un posto obrigatorio no binomio sexo/xénero”|url=http://praza.gal/cultura/15342/a-panadaria-lnaces-e-asignanche-un-lugar-un-posto-obrigatorio-no-binomio-sexoxeneror/|xornal=Praza|data=3 de novembro de 2017}}</ref><ref>{{cita web|título=Elisa e Marcela|url=http://apanadaria.es/#espectaculos|editor=A Panadaría|dataacceso=6 de novembro de -11-2017|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171107024526/http://apanadaria.es/#espectaculos|dataarquivo=07 de novembro de 2017|urlmorta=yes}}</ref>
 
En 2018, o concello da Coruña inaugurou en [[San Roque de Fóra, Visma, A Coruña|San Roque de Fóra]] unha rúa co nome Marcela e Elisa.<ref>{{cita novas|url=https://galego.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/08/coruna-cuenta-calle-dedicada-matrimonio/1299207.html |título=A Coruña conta xa cunha rúa dedicada ao matrimonio de Marcela e Elisa|lugar=A Coruña|xornal=La Opinión|dataacceso=8 de xuño de 2018|data=8 de xuño de 2018}}</ref>
 
En 2019 estreouse o filme ''[[Elisa y Marcela]]'', dirixido por [[Isabel Coixet]].<ref>{{cita web |url=https://elpais.com/cultura/2019/05/13/actualidad/1557738158_431345.html |título=Netflix estrena el tráiler ‘Elisa y Marcela’, la nueva película de Isabel Coixet |xornal=[[El País]] |data=13-5-2019 de maio de 2019|lingua=castelánes |dataacceso=9 de xuño de -6-2019}}</ref>
 
== Matrimonios homosexuais baixo a lei 13/2005 ==
No ano 2005 fíxose legal o matrimonio homosexual en [[España]] coa modificación do [[Código Civil]] que o regula. Deste xeito, o primeiro matrimonio de persoas homosexuais baixo a nova lei 13/2005 tivo lugar o [[11 de xullo]] de [[2005]]. Celebrouse en [[Tres Cantos]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]), entre Emilio Menéndez e Carlos Baturin, que levaban convivindo como parella máis de 30 anos<ref>{{Cita web | title =Primer matrimonio gay en España| last = | first = | publisher = BBC Mundo | date = 11-07-2005| url =http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_4673000/4673817.stm | accessdate = 066-033-2007}}</ref>. O primeiro casamento entre mulleres baixo a nova lei celebrouse en [[Barcelona]], once días despois<ref>{{Cita web|title = La primera boda entre dos mujeres se celebra en Cataluña| publisher = Cadena Ser| date = 22-066-2005| url = http://www.cadenaser.com/articulo/sociedad/primera/boda/mujeres/celebra/Cataluna/csrcsrpor/20050722csrcsrsoc_2/Tes/| accessdate = 20-12-2006}}</ref>.
 
== Galería de imaxes ==