Diferenzas entre revisións de «Túpac Amaru II»

m
Arranxiño
m (Arranxiño)
Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó [[Monarquía Española|Reino de España]], rebelión iniciada o [[4 de novembro]] de [[1780]] coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.
 
Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó [[comercio]]. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca [[Túpac Amaru]] coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos eae logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o [[Lingua latina|latín]] e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa [[Linguas quechuas|quechua]] na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da Igrexa católica.<ref name="ref_duplicada_2">[https://web.archive.org/web/20141018121338/https://www.scribd.com/doc/8611624/David-Cahill-La-sublevacion-de-Tupac-Amaru-y-sus-consecuencias], 1781.</ref>
 
No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional [[Perú|peruana.]] Foi unha figura capital para o réxime [[Juan Velasco Alvarado|velasquista]] (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.
11.749

edicións