Donas, Gondomar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engadir notas (via JWB)
→‎Patrimonio: Engadido de Chan do Cerixo na sección Patrimonio
Liña 15:
 
== Patrimonio ==
Chan do Cereixo é un xacemento arqueolóxico do Pleistoceno Medio situado nunha paraxe natural do mesmo nome localizada na extrema suroeste do concello de Gondomar.<ref>{{Cita libro|título=Chan do Cereixo (Donas, Gondomar) : una actualización del paleolítico inferior en Galicia|url=https://www.worldcat.org/oclc/456668101|editorial=Fundación Pedro Barrié de la Maza|data=2009|lugar=A Coruña|ISBN=978-84-95892-76-8|OCLC=456668101|apelidos=Villar Quintero|nome=Rosa|ano=|ref=|apelidos2=et al|páxina=132}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Gondomar : historia, arte y territorio|url=https://www.worldcat.org/oclc/38830478|editorial=Ir Indo|data=1995|lugar=Vigo|ISBN=84-7680-225-0|OCLC=38830478|apelidos=Soliño Troncoso|nome=Manuel|ano=|ref=|apelidos2=et al|páxina=71}}</ref> Forma parte do conxunto de achados paleolíticos pertencentes á primeiras poboacións de homínidos en territorios da actual Galicia, cunha antigüidade estimada entre os 300 e 250 mil anos.<ref>{{Cita libro|título=XV Reunión nacional del Cuaternario. Límites cronológicos de la presencia humana durante el Pleistoceno Medio en la cuenca baja del Río Miño (Pontevedra, España)|apelidos=Santonja Gómez|nome=Manuel|editorial=Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea|ano=2019|ISBN=978-84-17713-16-4|ref=|apelidos2=et al|páxina=53}}</ref> Ocupa aproximadamente 130 Ha situado a 340 msnm no lugar coñecido como Alto dos Valados, parroquia de Donas. Localizado estratexicamente entre as concas do [[Río Miño]] e do [[Río Miñor]] foi ocupado temporalmente e en diversas ocasións por diferentes comunidades de humanos ao longo de centos de miles de anos. Nas diversas campañas arqueolóxicas atopáronse ferramentas paleolíticas, un posible poboamento neolítico, unha pequena estación de arte rupestre , restos do período Calcolítico e da Idade do Bronce, así como vestixios da época de romanización.
 
Nesta parroquia estaba o mosteiro de Santa Baia das Donas, convento feminino da [[orde de San Bieito]], construído con autorización de [[Afonso VII]] grazas á doazón das terras feita en [[1149]] por Áurea Bellida.