Diferenzas entre revisións de «Pierre de Ronsard»

=== Primeiras publicacións ===
 
Pouco máis tarde, Ronsard publica as súas primeiras obras en [[1550]]. As súas catro primeiras recompilacións adoptan o nome de ''Odas''. En [[1552]] publica os ''Amores'', unha colección de [[soneto]]s en honor a Casandra Salviati, e un quinto libro de ''Odas''. Estas obras lanzaron definitivamente a súa carreira como poeta. Eran pezas inspiradas en [[Píndaro]] e [[Francesco Petrarca|Petrarca]] e o seu ton era xa moi orixinal. O seu neopaganismo percíbese tamén nos seus ''Folastreries,'' quemadasqueimadas por orde do Parlamento polo seu contido licencioso ([[1553]]).
 
Os ''Amores'' desencadean unha gran polémica no mundo literario. Unha anécdota ilustra a rivalidade e as críticas que existían: dise que [[Mellin de Saint-Gelais]], principal representante da Escola de seguidores de [[Clément Marot]], lía poemas de Ronsard de modo paródico ante o rei para minusvaloralo. Con todo, [[Margarida de Valois]], irmá do rei (e logo Duquesa de Savoia), nun momento dado arrebatou o libro das mans de Melin e púxose a lelo, destacando a beleza dos poemas: cando a lectura terminou, a sala estaba encantada e aplaudiu efusivamente. Ronsard fora aceptado como poeta.
208.025

edicións