Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: 30em
Liña 73:
* [[Melitofilia]]: é un sistema por medio do cal certas especies de plantas atraen a [[insectos]] [[himenópteros]], en particular [[abella]]s e [[avespa]]s, para que estes realicen a polinización. Os himenópteros teñen un aparello bucal suctor e buscan para alimentarse [[néctar]] que estea accesible, xa que os seus órganos bucais son curtos. As flores das especies melitófilas atraen ás abellas por medio dunha combinación de formas, fragrancias e cores. Así, as [[corola]]s son abolboretadas (por exemplo, as [[Leguminosas]] [[Faboideae|Papilionóideas]] como os [[trevo]]s e a [[alfalfa]]), labiadas (ou sexa, cos [[pétalo]]s unidos en dous grupos de modo que forman dous beizos, tal como nas [[Lamiáceas|labiadas]] e algunhas [[Asteraceae|compostas]]) ou con forma de fauce. As corolas presentan superficies para que o insecto se pouse e [[Guía de néctar|guías de néctar]] que sinalan a localización dos [[nectario]]s. Así mesmo, este tipo de flores produce substancias aromáticas en [[osmóforo]]s que se atopan na corola (por exemplo en ''[[Cítrico|Citrus]]''), na coroa ''([[Amarelle (planta)|Narcissus]]''), ou noutros órganos florais. Ás veces esta coevolución chegou ao momento en que a flor, para atraer aos machos dunha especie de abella, imita á femia da mesma especie, como foi descrito nos estudos relativos á [[polinización en orquídeas]].<ref>Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996). ''The Natural History of Pollination''. Timber Press, Portland, OR. ISBN 0-88192-352-4
</ref><ref>Meeuse, B. & Morris, S. (1984) ''The Sex Life of Flowers''. The Rainbird Publishing Group ltd. London. ISBN 0-87196-907-6</ref>
* [[Psicofilia]]: as flores que coevolucionarón con bolboretas presentan xeralmente o néctar no fondo do tubo da corola, onde só o longo aparello bucal suctor destes insectos pode chegar. As flores que atraen a bolboretas nocturnas en xeral son pálidas e de cheiros intensos.
* [[Miofilia]]: as flores emiten aromas que semellan o alimento natural ou os substratos que visitan as moscas, os cales comunmente son materiais orgánicos en descomposición, excrementos ou carroña, en procura de alimento ou para depositar os seus ovos.<ref name="Pijl">Pijl, L. van der y C. H. Dodson. 1969. Orchid flowers. Their pollination and evolution. University of Miami Press. Coral Gables. pp. 101-122.</ref> Diferentes partes florais producen cheiros putrescentes ou doces, comunmente forman trampas que reteñen ao polinizador, ademais de posuír varios apéndices que os atraen e cores xa sexa brillantes ou que semellan carne ou algunha outra tinguidura de materia putrefacta.<ref>Chase, M. W. 1985. Pollination of ''Pleurothallis endosthachys''. Am. Orch. Soc. Bull. 54:431-434</ref><ref>Johnson, S. D. y T. J. Edwards. 2000. The structure and function of orchid pollinaria. Pl. Syst. Evol. 222: 243-269.</ref><ref>Borba, E. L., J. M. Félix, V. N. Solferini y J. Semir. 2001b. [http://www.amjbot.org/cgi/content/full/88/3/419 Fly-pollinated ''Pleurothallis'' (Orchidaceae) species have high phenetic variability: evidence from isozyme markers] {{Wayback|url=http://www.amjbot.org/cgi/content/full/88/3/419 |date=20090504051212 }}.Am. J. Bot. 88: 419-428.</ref><ref>Borba, E. L. y J. Semir. 2001. [http://aob.oxfordjournals.org/cgi/reprint/88/1/75 Pollinator specificity and convergence in fly pollinated ''Pleurothallis'' (Orchidaceae) species: a multiple population approach]. Ann. Bot. 88: 75-88.</ref>
* [[Ornitofilia]]: as flores deste tipo de síndrome non teñen aroma, xa que os paxaros non teñen sentido do olfacto, si presentan cores intensas, vermellos e amarelos e abundante néctar.
* [[Quiropterofilia]]: é a polinización feita por [[morcegos]] pequenos. As flores teñen cores pálidas, fortes aromas e abundante néctar.
 
=== Mecanismos de polinización ===