Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
{{AP|Síndrome floral}}
Os medios de reclamo indican a presenza da recompensa e poden ser visuais ou olfativas. Xeralmente esta función exércena o cáliz e a corola. As claves visuais están determinadas basicamente pola cor dos pétalos, os de cor vermella en xeral atraen aves, os amarelos ás abellas e os brancos ás [[bolboreta]]s nocturnas. As claves olfativas son utilizadas para atraer aos polinizadores desde unha distancia maior. Trátase das fragrancias que despiden as flores grazas a compostos volátiles excretados por estruturas chamadas [[osmóforo]]s. Estas fragrancias poden ser agradables ou desagradables para os seres humanos, por exemplo as que atraen ás [[mosca]]s.<ref>Robert A. Raguso. 2008. [http://arjournals.annualreviews.org/doi/abs/10.1146/annurev.ecolsys.38.091206.095601 Wake Up and Smell the Roses: The Ecology and Evolution of Floral Scent.] Annual Review of Ecology, Evolution, and Systematics 39, 549-569</ref> A forma da flor tamén debe estar adaptada a cada tipo de polinizador, evitando ao mesmo tempo aos ladróns de néctar. Aquelas flores polinizadas por escaravellos, por exemplo, deben ter unha constitución que soporte o peso do insecto e protexa os óvulos da voracidade dos mesmos. Para os colibríes e insectos que polinizan durante o voo, as flores deben ter corolas tubulosas, adecuadas aos picos dos paxaros e ás [[espiritrompa]]s das bolboretas. Para as abellas, as flores son amplas e planas, brindando "pistas de aterraxe" para o insecto.<ref>{{Cita web |url=http://fai.unne.edu.ar/biologia/plantas/evolflo.htm. |título= Reproducción de las plantas con flores. Atracción de los agentes polinizadores |data-acceso=10 de abril de 2009 |autor= González, A.M. |obra= Morfología de Plantas Vasculares |editorial= Universidad Nacional del Nordeste |lugar=Arxentina|url-arquivo=http://web.archive.org/web/20090428044753/http://fai.unne.edu.ar/biologia/plantas/evolflo.htm |data-arquivo=2 de decembro de 2015}}</ref><ref name=autogenerated3>{{Cita web |url= http://fai.unne.edu.ar/biologia/plantas/evolflo.htm |título= Evolución floral |data-acceso= 1 de mayo de 2009 |autor= Raisman, J. y González, A.M. |obra= Hipertextos del área de la biología. Reproducción de las plantas con flores. |editorial= Universidad Nacional del Nordeste |lugar= Argentina |url-arquivo= https://web.archive.org/web/20090428044753/http://fai.unne.edu.ar/biologia/plantas/evolflo.htm |data-arquivo= 28 de abril de 2009 }}</ref>
[[Ficheiro:Skipper butterfly carrying a load of pollen grains..jpg|miniatura|[[Bolboreta]] levando nas súas patas unha gran cantidade de grans de pole.]]
[[Ficheiro:Colibri-thalassinus-001 edit.jpg|miniatura|[[Colibrí]] polinizando unha flor.]]
 
O conxunto dos medios de reclamo que presenta unha planta para atraer a un determinado axente [[polinizador]] denomínase [[síndrome floral]]. As diferentes síndromes florais en relación á polinización por animais son:<ref name=autogenerated3 /><ref>Barth, F. (1985) ''Insects and Flowers. The Biology of a Partnership''. [[Princeton University Press]]. Princeton, NJ. ISBN 0-691-08368-1</ref><ref>L. van der Pijl. 1961. Ecological Aspects of Flower Evolution. II. Zoophilous Flower Classes. Evolution, Vol. 15, No. 1, pp. 44-59</ref>
 
* [[Melitofilia]]: é un sistema por medio do cal certas especies de plantas atraen a [[insectos]] [[himenópteros]], en particular [[abella]]s e [[avespa]]s, para que estes realicen a polinización. Os himenópteros teñen un aparello bucal suctor e buscan para alimentarse [[néctar]] que estea accesible, xa que os seus órganos bucais son curtos. As flores das especies melitófilas atraen ás abellas por medio dunha combinación de formas, fragrancias e cores. Así, as [[corola]]s son abolboretadas (por exemplo, as [[Leguminosas]] [[Faboideae|Papilionóideas]] como os [[trevo]]s e a [[alfalfa]]), labiadas (ou sexa, cos [[pétalo]]s unidos en dous grupos de modo que forman dous beizos, tal como nas [[Lamiáceas|labiadas]] e algunhas [[Asteraceae|compostas]]) ou con forma de fauce. As corolas presentan superficies para que o insecto se pouse e [[Guía de néctar|guías de néctar]] que sinalan a localización dos [[nectario]]s. Así mesmo, este tipo de flores produce substancias aromáticas en [[osmóforo]]s que se atopan na corola (por exemplo en ''[[Cítrico|Citrus]]''), na coroa ''([[Amarelle (planta)|Narcissus]]''), ou noutros órganos florais. Ás veces esta coevolución chegou ao momento en que a flor, para atraer aos machos dunha especie de abella, imita á femia da mesma especie, como foi descrito nos estudos relativos á [[polinización en orquídeas]].<ref>Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996). ''The Natural History of Pollination''. Timber Press, Portland, OR. ISBN 0-88192-352-4
</ref><ref>Meeuse, B. & Morris, S. (1984) ''The Sex Life of Flowers''. The Rainbird Publishing Group ltd. London. ISBN 0-87196-907-6</ref>
 
=== Mecanismos de polinización ===