Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 56:
[[Ficheiro:Flor GDFL 663.JPG|miniatura|As flores poden ter cores moi vistosas para reclamo dos insectos polonizadores.]]
As plantas non poden moverse dun sitio a outro, por iso moitas flores evolucionaron para atraeren animais e que estes transfiran o [[pole]] entre individuos de poboacións dispersas.
A [[Zoofilia (botánica)|zoofilia]]<ref group=nota>En botánica chámase zoofilia á adaptación das plantas fanerógamas que aseguran a súa polinización con axuda de animais. Neste contexto chámase vectores aos animais que realizan o transporte do pole.</ref> que caracteriza a moitas anxiospermas presupón que os animais polinizadores visiten as flores de maneira regular e detéñanse nelas o tempo suficiente para que as [[antera]]s e o [[Estigma (botánica)|estigma]] sexan rozados ou tocados con certa frecuencia e que o [[pole]] quede adherido aos visitantes de modo tan perfecto que poida chegar coa debida seguridade aos estigmas doutras flores.<ref group=nota>As flores xeralmente teñen glándulas chamadas nectarios en varias partes para atraeren animais que buscan o nutritivo [[néctar]].O mesmo que ocorre co [[ser humano]], os [[aves|paxaros]] e as [[abella]]s tamén poden distinguir as cores coa vista, o que lles permite escoller as flores máis vistosas. Algunhas flores teñen patróns, chamados ''guías nectarias'', que amosan aos polinizadores onde teñen que ollar polo néctar, estas guías poden ser vistas só baixo luz ultravioleta, que é visible para as abellas e algúns outros insectos. As flores tamén poden atraer polinizadores polo cheiro, mais non todas as flores teñen olor agradable: algunhas flores evolucionaron para emitiren cheiro a carne putrefacta (por exemplo, a ''Asimina triloba'').</ref> O resultado da zoofilia depende esencialmente de que os animais poidan recoñecer as flores desde unha certa distancia e de que se vexan compelidos a visitar durante un certo tempo as flores da mesma especie. As flores zoófilas, entón, deben posuír ''produtos atractivos'' (cebos, como o pole e o [[néctar]]), ''medios de reclamo'' (tales como cheiros e cores) e, ademais, ''pole viscoso ou adherente''.<ref name="ST">Strassburger, E. 1994. ''Tratado de Botánica''. 8.ª edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1.</ref> As flores que son polinizadas por insectos chámanse [[Entomofilia|entomófilas]]. No curso da evolución das anxiospermas produciuse unha diferenciación moi intensa dos medios de atracción e reclamo, así como da forma da flor; grazas a iso un número cada vez máis grande de animais puido colaborar na polinización. Da visita casual das flores por animais variados pasouse de modo progresivo, no transcurso da evolución, ao establecemento de estreitas relacións entre os «animais antófilos» e as «flores zoófilas», con evidentes vantaxes para ambos os grupos. Para as plantas implicou unha precisión crecente na atracción de só determinados visitantes e unha transferencia do pole aos estigmas doutras plantas cada vez máis segura, o que resultou nun aforro progresivo na produción de pole. De feito, a relación entre o número de grans de pole e o número de óvulos producidos por unha flor é da orde dun millón para as plantas [[anemófila]]s, mentres que nas zoófilas é dun. Para os animais polinizadores especializados, a competencia con outros animais antófilos resultou diminuída e a polinización orientada ou especializada nunha soa especie pasou a ser, en última instancia, vantaxosa para eles.<ref name="ST" />
O desenvolvemento evolutivo das angiospermas zoófilas e dos grupos de animais que se foron adaptando a elas só pode comprenderse como unha [[coevolución]] condicionada por relacións recíprocas. A adaptación entre si de moitas plantas e os seus polinizadores chegou ás veces tan lonxe que non poden existir o un sen o outro.<ref name="ST" />