Shoegazing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 12:
}}
 
'''Shoegazing''' (tamén coñecido como '''shoegaze''') é un subxénero do [[rock alternativo]] aparecido no [[Reino Unido]] a finais dos anos 80. Durou ata mediados dos anos 90, chegando ao seu cénit nos anos 1990 e 1991. A prensa musical británica, especialmente ''NME'' e ''Melody Maker'', chamou a este estilo shoegazing debido a que os músicos destas bandas estaban relativamente tranquilos durante as actuacións, e nun estado introspectivo ("''non-confrontational state''"), de aí a idea de que estaban mirando aos seus zapatos (en inglés ''shoe''). O excesivo uso de pedais de efectos tamén contribuiucontribuíu á imaxe dos músicos mirando cara os seus zapatos (shoegazing significa mirando aos zapatos) durante os concertos.
 
O son shoegazing caracterízase polo significativo uso de efectos de guitarra, e polas indistinguibles melodías de voz que se mesturan e confunden co ruído creativo das guitarras. Nos anos 90, os grupos de shoegazing foron deixados de lado polo movemento [[grunge]] estadounidense, forzando a bandas relativamente descoñecidas a separarse ou a reinventar o seu estilo. En tempos máis recentes houbo un renovado interese polo xénero entre as bandas de "[[nu-gaze]]", como [[The Joy Formidable]], [[DIIV]], [[The Depreciation Guild]], [[The Radio Dept]], [[Grey Zine]], [[Whirr]] e [[Snow in Mexico]].