Arquivolta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 1:
UnnaUnha '''arquivolta''' é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de [[arco (arquitectura)|arcos]] concéntricos decorando o arco das [[Portada (arquitectura)|portadas]] [[Idade Media|medievais]] no seu [[paramento]] exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na [[imposta]]. Adoitan arrincar dunha [[xamba]] do [[pórtico]] e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na [[arquitectura románica]] e na [[arquitectura gótica]].
 
É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axadrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de [[medio vulto]] (Santos, Apóstolos etc.). O [[Pórtico da Gloria]] da [[Catedral de Santiago de Compostela]] é un exemplo magnífico de arquivoltas.