Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Reversión manual
Liña 422:
Evidentemente o nome do concello fai referencia á ponte sobre o Eume. Sobre o topónimo do río, o historiador [[Luís Monteagudo|Luís Monteagudo García]]<ref>{{Cita Harvard sen parénteses |Monteagudo |1999 |loc=Hidronimia gallega (Anuario Brigantino nº 22) |ref=Brigantino}}{{Es}}</ref> considera que o termo Eume deriva de ''Uma'', xentilicio etrusco que designaría ao ''Procurator metallorum'' do val do Eume e a súa zona aurífera. É dicir, o topónimo viría do nome do procurador responsábel das extraccións auríferas no val do Eume, xa que, segundo algúns historiadores, o Eume era un río aurífero.
 
[[Isidoro Millán González-Pardo|Isidoro Millán]], na súa obra sobre a toponimia eumesa<ref name="toponimia">{{Cita Harvard sen parénteses |Millán |1987 |loc=Toponimia del Concejo de Pontedeume y Cartas Reales de su Puebla y Alfoz (Deputación da Coruña) |ref=Deputación}}{{Es}}</ref>, afirma que Eume procede da forma hidronímica céltica ''Ume'', da cal procederán tamén os nomes do río ''Umia'' en Pontevedra, do ''Mao'' (antigamente ''Humanum'') en Ourense e dos dous ríos ''Homem'' existentes no N. de Portugal.
 
No que respecta ao nome ''Pontedeume'', este existía anteriormente á concesión real para fundar vila de reguengo en 1270. Pódese deducir dos termos da redación do diploma pola chancelería do rei: "...pueblen en el lugar ''que dizen ponte deume''...", mais tamén porque existen documentos anteriores que o mencionan: "...per terminos de ''Ponte de Eume'' usque ad flumen de Conido..." nunha doazón dos Condes de Trava en 1162; "...Johan Goth, et Pedro de Deus, todos ''das Pontes de Eume''..." nun documento notarial varios meses anterior no mesmo 1270.<ref name="toponimia"/>
 
=== Patrimonio ===