Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Demografía: poboación 2019
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Idade Moderna: O Ob. Dir. en galego non leva a preposic. "a"
Liña 372:
Nesta época histórica o concello estaba administrativamente encadrado na [[provincia de Betanzos]] desde finais do [[século XV]], e así estivo ata a reestruturación provincial de [[1833]], ano en que pasou a formar parte da [[provincia da Coruña]]<ref name="lemos"/>.
 
Os condes tiñan nun estado de completo esquecemento áa vila de Pontedeume, sen se preocuparen polo benestar dos seus veciños e sen visitala apenas. En contraste, gozaban dunha serie de propiedades, prebendas e prerrogativas que lles supuñan unha fonte de ingresos moi substancial. Non resulta estraño pois, que foran frecuentes os litixios entre a vila e o conde. Houbo desencontros polo cárcere, os fornos do conde, o privilexio da venda do viño en xuño, a praza do peixe, o mesón etc<ref>{{Cita Harvard sen parénteses |De Castro |2007 |loc=&sect;II.3.4. El Señor de la Villa |ref=deCastro}}</ref>.
 
Así as cousas tivo que ser un fillo da vila, o arcebispo de Santiago, Bartolomé Raxoi e Losada, quen se preocupara de mellorar algúns aspectos e promovera obras para a comunidade. A el débense a [[igrexa de Santiago de Pontedeume|igrexa parroquial]], as lonxas dos mariñeiros, o [[pazo de Raxoi de Pontedeume|pazo de Raxoi]], as escolas de nenos e nenas, a Ermida de Covés e o amaño do convento de Santo Agostiño<ref>{{Cita Harvard sen parénteses |Couceiro |1995 |pp=437-440 |ref=Couceiro}}</ref>.