Unión Regional de Derechas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5:
Ao longo do ano 1931 e 1932 constituíronse nas cidades galegas agrupacións ligadas ao conservadorismo católico de [[Ángel Herrera Oria]] e [[José María Gil Robles]] que en [[1932]] se uniron para formar a URD, e en marzo de [[1933]] participou na constitución da CEDA agrupando a maioría das forzas da dereita posibilista en Galicia. O seu líder era [[Gil Casares]]. Os deputados da URD mostráronse moi activos na defensa dos intereses agropecuarios galegos xa que contaba cunha sólida infraestrutura no agrarismo grazas á formación de sociedades agrarias católicas durante a Ditadura e en xeral aparecía máis moderado cá CEDA estatal, chegando mesmo algún dos seus dirixentes a declararse autonomista<ref>Bernardo Máiz, ''Galicia na II República e baixo o franquismo'', Vigo, 1988, páx. 27-28</ref>.
 
As súas mocidades, [[Juventudes de la Unión Regional de Derechas]] formáronse en [[1934]], aínda xa antes había algunasalgunhas agrupacións locais e sobre todo a partir de 1935 experimentaron un proceso de fascistización semellante á das mocidades de [[Acción Popular]].
 
Trala sublevación franquista unha parte dos seus cadros e militantes integráronse na [[Falange Española de las JONS (1934)|Falange Española de las JONS]] ou nas institucións do novo réxime.