Diferenzas entre revisións de «Emiliano»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Axustes de ligazón interna. Substituíuse unha imaxe reiterativa por outra que achega máis información.)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
A paz vergoñenta que acordara cos [[godos]] o emperador [[Treboniano Galo]] non sentou nada ben no seo do exército. O rei [[Gniva]], quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, [[ostrogodos]] e [[visigodos]], tentou de que lle subisen a súa contribución en [[ouro]], esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exercito a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e dáo vencido, volvendo os godos mais aló do Danubio. Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.
 
O Emperador, quen se atopaba en [[Roma]], ao saber deste nomeamento, e, a pesar de que o exército de Emiliano era moi superior, sae para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do [[Rhin]], [[Valeriano]], para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de '''Treboniano Galo''' e '''Emiliano''' se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron aoo emperador '''Treboniano Galo''' e ao seu fillo [[Hostiliano]], para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.
 
Chega a Roma, e o Senado recoñece ao novo Emperador. Pero [[Valeriano]], que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñece este nomeamento, e continúa o seu avance. De novo repítese a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco mais de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.
7.541

edicións