Canción de Harmodio e Aristoxitón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 1:
A '''''Canción de Harmodio e Aristoxitón''''' é un poema da [[Antiga Grecia]] de cronoloxía indeterminada. Atribúese a un poeta chamado [[Calístrato (poeta)|Calístrato]], do que non se coñecen máis datos. Trátase dun tipo de composición chamado ''[[escolia]]'' ou ''escolio'', que era un canto que se entoaba nos banquetes e que era acompañado pola [[cítara]]. A ''Canción de Harmodio e Aristoxitón'', en concreto, foi tremendamente popular posto que se dicía que se cantaba en todos os banquetes.
== Tema ==
O tema do poema é a exaltación de [[Harmodio e Aristoxitón]], dous personaxes históricos que asasinaron aoo tirano [[Hiparco de Atenas]] e por iso foron chamados [[tiranicidas]]. O poema encomia a súa acción e os equipara a heroes da [[mitoloxía grega]] ao situalos nas [[Illas dos Benaventurados]].
 
== Cronoloxía e unidade do poema ==
O texto tradicional desta obra conservouse grazas a [[Ateneo]], que transmitiu os versos na súa obra ''[[Banquete dos eruditos]]''. Con todo diversos especialistas móstranse contrarios á unidade deste poema posto que a presenza nel de repeticións ou ''[[ritornello]]s'' fai supoñer que podería tratarse de varias versións do mesmo poema. Ademais, [[Aristófanes]] tamén transmite un verso que se supón que é o inicio dunha estrofa non conservada. {{cita|Xamais houbo home ningún en Atenas...|Aristófanes, ''Avespas'', 1224}}.