Suppiluliumas I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 6:
Suppiluliumas comezou a súa carreira como conselleiro e xeneral de [[Tudhaliyas III]], daquela con base en [[Samuha]]. En calidade de tal venceu os inimigos dos hititas en [[Hayasa]] e os [[kaskas]]. Ambos inimigos estaban daquela unidos ao redor de xefes carismáticos; destes [[Karanni]] fundou algo semellante a unha corte real en Hayasa, e [[Piyapili]] estivo a piques de facelo entre os Kaska. Suppiluliumas e Tudhaliyas derrotaron estes intentos, de xeito que de novo a corte hitita se puido volver a establecer en [[Hattusa]].
 
Nalgún momento, Suppiluliumas depuxo e probabelmente asasinou aoo seu señor. Algúns sacerdotes despois trasladaron isto ao fillo, sucesor e biógrafo de Suppiluliumas: [[Mursilis II]], tratando isto como un crime permanente de toda a dinastía.
 
Suppiluliumas casou cunha irmá de [[Hukkana]], rei de Hayasa, e e a súa filla [[Muwatti]] casouna con [[Maskhuiluwa]] de [[Mira (reino)|Mira]], un estado de [[Arzawa]]. Retomou territorio de Arzawa ata Hapalla. A súa vitoria máis permanente foi contra o reino de [[Mitanni]], ao que reduciu a un estado vasalo baixo o goberno do seu xenro [[Shattiwazza]]. Foi ademais un mestre consumado na construción de amplas estruturas de pedra decoradas con relevos. Foi no seu reinado cando se desenvolveron conceptos acerca da natureza sagrada dos reis.