Xoán II Orsini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Xoán foi o fillo do conde [[Xoán I Orsini]] de [[Cefalonia]] con María, a filla de [[Nicéforo I Comneno Ducas]] de Epiro con [[Ana Paleóloga Cantacucena]]. O seu irmán maior, [[Nicolao Orsini]] fora feito gobernante de Epiro en 1318 por asasinar ao seu tío materno [[Tomé I Comneno Ducas]]. En 1323 Xoán asasinou aoo seu irmán e sucedeuno tanto en Cefalonia como en Epiro.
 
En 1324 o señor anxevino de Xoán, [[Xoán de Gravina]], detívose en Cefalonia no seu camiño para loitar contra os bizantinos no [[Peloponeso]] e depuxo a Xoán Orsini como conde de Cefalonia, anexando a illa aos seus propios dominios. Privado da súa base familiar, Xoán tivo que asinar a paz con [[Andrónico II Paleólogo]] do [[Imperio Bizantino|Imperio bizantino]] e permitíuselle establecer o seu control sobre todo de Epiro a cambio de recoñecer a soberanía bizantina. Casou con [[Ana Paleóloga]], a neta de Demetrio (Miguel) Ducas, un fillo de [[Miguel II Comneno Ducas]] de Epiro, que entrara ao servizo bizantino. Do mesmo xeito que o seu irmán, Xoán uniuse á [[Igrexas ortodoxas orientais|Igrexa ortodoxa oriental]], e outorgóuselle o título de déspota polo emperador bizantino.
 
En 1331 Xoán foi atacado por [[Gutierre VI de Brienne]], o [[Ducado de Atenas|duque titular de Atenas]], e un xenro do anxevino [[Filipe I de Tarento]] e [[Tamar Anxelina Comnena]]. Cando Gutierre cercou [[Arta]], Xoán viuse obrigado a aceptar a soberanía anxevina. Esta situación reverteuse cando Gutierre volveu á [[Península Itálica|península italiana]], e en 1332 Xoán sentiuse o suficientemente forte como para invadir e anexar [[Tesalia]], que caera na anarquía despois do falecemento de [[Estevo Gabrielopulos]]. Os éxitos de Xoán provocaron a reacción inmediata do emperador [[Andrónico III Paleólogo]], quen afirmou o seu control sobre polo menos a parte oriental da rexión. De regreso en Epiro Xoán estaba dividido entre as faccións pro-bizantina e pro-anxevina entre a nobreza. Morreu repentinamente en 1335, quizais envelenado pola súa esposa Ana.