Ilota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
esclavista > escravista
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 33:
Os ilotas [[esparta]]<nowiki/>nos estaban en relación directa cun cidadán particular de Esparta, en cuxo ''klêros'' estaban a traballar. Cada ''klêros'' era cultivado por varias familias de ilotas baixo o control de funcionarios designados polo Estado espartano. Tiñan que entregar parte da colleita á familia usufrutuaria do ''klêros'' (''apóphora''), quedando o resto á súa disposición. Hai discrepancias sobre se os ilotas debían entregar aos seus amos a metade do que cultivaban ou tiñan unhas cantidades asignadas de antemán fose cal fose a produción. Un detalle importante é que os ilotas eran posuidores dos medios de produción que usaban (apeiros, gando e aveños domésticos), o cal os diferencia do resto de escravos gregos. Á parte da explotación a que estaban sometidos, os ilotas eran obrigados, nalgúns casos, a participar nas campañas militares en calidade de carrexadores, auxiliares e mesmo como infantaría lixeira.
 
O antagonismo entre ilotas e espartanos constituíu sempre unha constante da política interior e exterior do Estado espartano. Uns e outros vivían nunha situación de continua tensión. Os ilotas mantiñan aos espartanos baixo a constante ameaza da revolta. Hai que ter en conta que os ilotas excedían en número aos cidadáns nunha proporción de vinte a un, e que eran o núcleo da produción agrícola espartana. Por outra banda, os espartanos, temendo tal rebelión, dubidaban sempre en embarcárense en campañas militares que os levasen fóra de Esparta. Ademais, para manter subxugados aos ilotas, institucionalizaran a ''krypteía.'' Cada ano, os éforos declaraban a guerra aos ilotas. Os mozos espartanos, na súa formación como guerreiros, dispersábanse polas rexións rurais onde vivían os ilotas e atacaban, durante a noite, os poboados ilotas para matar aosos contestatarios e posíbeis xefes.
 
A pesar de todo, como consecuencia da angustiosa necesidade de Esparta de cidadáns (''[[homoioi]]''), a presenza no exército espartano de ilotas foi cada vez máis frecuente. Os ilotas servían como infantaría lixeira ou como remeiros na frota. Durante a [[Guerra do Peloponeso]], mesmo loitaron como infantaría pesada (hoplitas). Os ilotas que se distinguían en batalla podían ser mesmo liberados (os ''neodamodes''). Con todo, os ilotas non desapareceron e cando os [[Exército romano|romanos]] invadiron Laconia en [[-195]], aínda atoparon alí ilotas que vivían no seu tradicional estado.