José Alberto de Oliveira Anchieta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 6:
Anchieta naceu en [[1832]] en Lisboa, e comezou os seus estudos de [[matemáticas]] na Universidade de [[Coímbra]]. Debido á súa tenaz independencia e ao seu carácter excéntrico, porén, non se adaptou ben á universidade e trasladouse á Escola Politécnica de [[Lisboa]]
 
En [[1857]] un dos seus amigos máis achegados trasladouse a [[Cabo Verde]], colonia portuguesa no [[océano Atlántico]] ao oeste de [[África]] e Anchieta foi a reunirse con el. Alí pasou o seu tempo estudando a [[flora]] e a [[fauna]] da [[illa de Santo Antão]], a máis oriental do [[arquipélago]], e finalmente terminou axudando aos seus habitantes como ''médico afeizoado'' (el tiña estudado algúns [[medicamento]]s). Unha [[epidemia]] de [[cólera]] matou áa maioría dos habitantes da iila, e el case morreu tamén, pero puido volver a Portugal despois de dous anos.
 
Despois, de acordo co que el cría que era a súa vocación, estudou [[medicina]] en Lisboa, [[Londres]] e [[París]], pero non puido completar a carreira e volveu a África, esta vez a [[Angola]], a maior das colonias da [[África Occidental Portuguesa]], en [[1865]], xa a casado, e a súa esposa acompañouno. Permaneceu na rexión de [[Benguela]], establecendo un laboratorio dentro das ruínas dunha igrexa, dedicándose á exploración e á recollida de animais, até que, en [[1867]], o [[Portugal|goberno portugués]] o contratou como [[naturalista]], aínda que o máis probábel é que Anchieta fora recrutado como axente secreto e informador.<ref>Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2014): ''The Eponym Dictionary of Birds''. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-4-7290-5734-1.</ref>