Alguén voou sobre o niño do cuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Ogaiago (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 27:
== Título ==
O título é unha tradución case literal do inglés, equivalente ás que se fixeron en [[lingua castelá|castelán]], [[lingua catalá|catalán]] e [[lingua italiana|italiano]]. En inglés ''cuckoo'' significa 'cuco' pero tamén en argot 'tolo'. Aparece na novela como parte duns versos que un dos amigos de McMurphy lembra da súa nenez. Os versos proceden dun poema de [[Louis Untermeyer]]: "One flew east, one flew west,/ and one flew over the cuckoo's nest" ('Un voou ó leste, un voou ó oeste,/ e un voou sobre o niño do cuco'). O [[cuco]] non ten niño propio e pon os ovos nos niños doutros paxaros. Por conseguinte as crías do cuco son hóspedes alimentados por paxaros que non son seus pais. No filme o niño está representado polo manicomio no que se mantén os seus hóspedes baixo unha férrea e sádica disciplina, só en aparencia terapéutica.
A novela homónima de [[Ken Kesey]] fora publicada en [[1962]]. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro. Foi traducida ao galego en [[2020]] co título ''E un voou sobre o Miño do cuco''. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro.
 
== Argumento ==