Parque Audiovisual de Cataluña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 4:
== Historia ==
 
O Parque Audiovisual de Cataluña foi emprendido polo concello de [[Terrasa|Terrassa]] co apoio da [[Generalitat de Cataluña]] co obxectivo de diversificar e ampliar a capacidade da industria da cidade de Terrassa e dar un maior empurrón á creación de contidos audiovisuais así como a capacidade tecnolóxica para a súa creación, debido a que tanto o concello de Terrassa como o goberno catalán consideran este sector dunha grangrande importancia estratéxica.
 
O abandonado [[Hospital do Tórax]] foi escollido como o espazo onde situar as instalacións do que sería o futuro Parque Audiovisual de Cataluña.<ref>[http://www.catalunya.com/parc-audiovisual-de-catalunya-20-11-541735?language=ca Parque Audiovisual de Cataluña]. ''www.catalunya.com''.</ref>
 
Foi no ano 2004 cando a Generalitat de Cataluña e o Concello de Terrassa acordaron transformar o recinto do hospital no complexo audiovisual que é agora.
 
As obras empezaron en 2005 e paralelamente empezábanse a rodar con periodicidade anuncios publicitarios, longametraxes e curtametraxes usando os primeiros platós (1 e 2) así como tamén o edificio antigo como localización de rodaxe.
Liña 14:
Naqueles primeiros anos, entre outras, rodáronse as seguintes películas:
 
*''[[Frágiles]]'' (con [[Calista Flockhart]])
*''[[O maquinista]]'' (con [[Christian Bale]])
*''[[La monja]]'' (con [[Anita Briem]] e [[Cristina Piaget]])
*''[[Ouija (filme)|Ouija]]'' (con [[Ricard Saes]] e [[Núria Font]])
*''[[Lo mejor que le puede pasar a un cruasán (filme)|Lo mejor que le puede pasar a un cruasán]]'' (con [[Pablo Carbonell]] e [[José Coronado]])
 
É a partir de 2007 cando se abren as oficinas estables do Parque Audiovisual, aínda cos dous platós, e a actividade empeza a crecer mentres continúan as obras.
 
No ano 2011 xa se dispoñía de 4 platós climatizados e insonorizados; un de 1260 &nbsp;m², un de 1200 &nbsp;m², un de 600 &nbsp;m² e outro de 305 &nbsp;m²<ref>[http://www.shootinginspain.info/es/localizaciones/parque-audiovisual-de-cataluna Parque Audiovisual de Cataluña]. ''www.shootinginspain.info''.</ref> así como todos os espazos necesarios para unha produción: oficinas, salas para os equipos de produción, vestiarios, almacéns, taller de arte, lavandería, etc., con máis de 600 prazas de aparcadoiro. É a partir deste intre que aumenta a produción converténdose nun dos centros de produción máis importantes de [[Cataluña]] e [[España]]. A creación do Parque Audiovisual permite ofrecer a produtoras e creadores audiovisuais un amplo espazo con todas as comodidades tanto a nivel técnico como de atención personalizada.
 
Paralelamente, nestes anos tamén se realizan as obras de construción do Centro de Conservación e Restauración da Filmoteca de Cataluña, dependendo da Generalitat de Cataluña a zona sur do gran complexo que comprende o Parque Audiovisual.