Zenón de Elea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: tr:Elealı Zeno
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Zenón de Elea''' (aprox. 490-430 a.C.). [[Filosofía|Filósofo]] grego da Escola de Elea e discípulo de [[Parménides]], hai incluso unha tradición que di que foi fillo deste último. Durante a súa vida gozou de gran respecto e fama entre os seus concidadáns, principalmente como mestre. Residente sempre en Elea, relata [[Platón]] que acudían xentes de moitos outros lugares para recibir as súas ensinanzas. Así mesmo, hai unha lenda, transmitida por [[Dióxenes Laercio]], na que se conta como Zenón sacrificou a súa vida para intentar liberar á cidade do poder opresivo dun tirano. Descuberto como integrante dunha conxura para derrocar ó tirano foi sometido a severas torturas para que revelase o nome dos outros conspiradores. Segundo a lenda, resistiu valorosamente, e despois de nomear ó propio tirano como o principal inimigo do [[Estado]] mordeuse a lingua arrincándoa e cuspíndoa á cara do tirano. Despois disto o tirano mandou esmagar o seu corpo.
 
== Pensamento ==
 
En opinión de [[Aristóteles]] foi o creador da ''[[dialéctica]]''. De acordo cunha descrición que fai Platón no diálogo ''Parménides'', Zenón serviuse da dialéctica como un instrumento para refutar a todos aqueles que se burlaban do seu mestre por negar o movemento e a pluralidade. Trátase, polo tanto, dunha ''dialéctica negativa'', que ve na contradicción un límite para o pensamento: se a partir dunha afirmación calquera podemos argumentar que de aí se deriva un absurdo, entón deberemos concluír coa negación da afirmación de partida. En lóxica isto denomínase demostración por ''redución ó absurdo''.