Gran Teatre del Liceu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Jglamela (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 158:
A partir dos anos oitenta do [[século XIX]] o Liceu converteuse progresivamente nun teatro de ópera e danza, consolidando unha estrutura de programación baseada na asignación de xéneros a cada unha das tres tempadas que constitúen a oferta artística anual do teatro: a de inverno, adicada exclusivamente á ópera; a de [[coresma]], onde alternan os concertos co ballet e a [[opereta]]; e a de primavera, adicada tanto á ópera como á opereta. Deste xeito, o Liceu consagrouse nos grandes xéneros, deixando o resto para os outros teatros. O Liceu acollía a burguesía nos seus espectáculos caros e máis sofisticados, mentres que os teatros do [[Passeig de Gràcia]] acollían menestreis en espectáculos, en principio, de menos esixencia: teatro, zarzuela, ópera cómica etc.
 
Gradualmente, o monopolio da oferta operística italiana foise rompendo grazas á chegada de repertorio operístico francés, con fitos tan destacados como ''[[Faust (ópera)|Faust]]'' ([[1864]]) e ''[[Roméo et Juliette]]'' (1884) de [[Charles Gounod|Gounod]], ''[[Carmen (ópera)|Carmen]]'' de [[Bizet]] ([[1888]]).
 
A primeira ópera de [[Richard Wagner]] non chegou ata o [[6 de marzo]] de [[1883]] con ''[[Lohengrin]]''. Wagner sería moi importante no Liceu. A tradición wagneriana de Barcelona é coñecida en todo o mundo, aínda que nesta época non chegara aínda ao seu auxe. Mais unha vez o ''Principal'' anticipárase estreando antes que o Liceu este ''Lohengrin'' aínda que dun xeito pouco logrado por ter que contar con cantantes italianos que non sabían cantar Wagner. Pola contra, a posta en escena do Liceu contou con máis recursos e agradou moito aos wagnerianos, aínda que tamén se cantou en italiano, xa que os cantantes da época non coñecían o alemán.<ref name="Històries de l'òpera: al Liceu 3" />