Boris Christoff: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 14:
 
== Voz, repertorio, carácter ==
Christoff tiña unha voz excelente cun distintivo ton escuro. Aínda que non era tan ampla coma outras voces de baixos, non tivo problema en impactar grandes auditorios, como a ópera de San Francisco. Debido á súa presenza no escenario e temperamento dramático, foi un grande herdeiro dos baixos eslavos exemplificados por [[Fyodor Stravinsky]], [[Lev Sibiriakov]], [[Vladimir Kastorskii]], [[Feodor Chaliapin]], [[Alexander Kipnis]] e [[Mark Reizen]], entre outros. Cantou sobre todo repertorio de [[Giuseppe Verdi|Verdi]] e compositores rusos, e foi tamén un fino cantante de música de cámara vogal. Entre os seus papeis máis célebres estiveron o tsar Boris ([[Modest Musorgskii|Musorgskii]] - ''[[Boris Godunov (ópera)|Boris Godunov]]''), [[Filipe II de España|Filipe II]] (Verdi - ''[[Don Carlo]]''), [[Mefistófeles]] ([[Charles Gounod|Gounod]] - ''[[Faust (ópera)|Faust]]'' e [[Arrigo Boito|Boito]] - ''[[Mefistofele]]''), Ivan Susanin ([[Mikhail Glinka|Glinka]] - ''[[A Life for the Tsar]]''), Zaccaria (Verdi - ''[[Nabucco]]''), o tsar Ivan ([[Nikolai Rimskii-Korsakov|Rimskii-Korsakov]] - ''[[The Maid of Pskov|Ivan the Terrible]]''), Dosifei (Mussorgskii - ''[[Khovanshchina]]''), Gomez da Silva (Verdi - ''[[Ernani]]''), Fiesco (Verdi - ''[[Simon Boccanegra]]''), [[Attila]] (Verdi - ''[[Attila (ópera)|Attila]]''), Padre Guardiano (Verdi - ''[[La forza del destino]]''), Galitzky e Kontchak ([[Aleksandr Borodin|Borodin]] - ''[[Kniaz Igor]]'') e outros.
 
Christoff realizou gravacións de estudio de oito óperas (''Don Carlo'', ''Boris Godunov'' e ''Faust'' dúas veces cada unha) e numerosas gravacións en directo (actuacións na radio ou nos escenarios). Foi moito máis admirado como cantante e gravou máis de duascentas cancións rusas de Musorgskii (foi o primeiro que gravou todas as súas 63 cancións), [[Tchaikovsky]], Rimsky-Korsakov, Glinka, Borodin, [[César Cui|Cui]], [[Mily Balakirev|Balakirev]] ademais de cancións tradicionais, moitas con acompañamento de piano. Iniciou a tradición de facer gravacións de estudio de ''Boris Godunov'' co mesmo baixo cantando os tres papeis (Boris, Varlaam, Pimen).