Zante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-[[category: +[[Category:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 11:
A illa componse de chairas fértiles ao sur e de montañas ao oeste. O clima é [[clima mediterráneo|mediterráneo]]. Posúe vexetación densa. Produce [[aceite de oliva]], [[uva]] e [[cítrico]]s. A illa ten aeroporto e chámase Aeroporto de [[Dionisos Solomos]] e está situado ao sueste. Tamén ao suroeste está o parque nacional mariño da illa de Zante coas famosas tartarugas da illa, as ''[[Caretta caretta]]'' unha especie en perigo de extinción que se atopa principalmente na Bahía de Laganas. É famosa a uva doce da illa coa cal prodúcese a ''[[Zante currant]]'' ou [[pasa de Zante]].
 
== Personaxes e lugares de interese ==
 
O personaxe máis importante da illa é o poeta do [[século XIX]] [[Dionisos Solomos]], o principal dos modernos poetas gregos e autor do himno nacional. Tamén naceu aquí [[Ioannis Focas]]. Outros personaxes relevantes da illa son [[Ugo Foscolo]] e [[Andreas Kalvos]]
Liña 18:
 
 
== Municipios ==
 
{| class="wikitable"
Liña 36:
|}
 
== Cidade de Zakynthos ==
 
A cidade de Zante ou Zakynthos está na costa oriental. Non ten restos da antiga cidade excepto algunhas columnas e inscricións. Está nunha bahía semicircular. A acrópole estaba no lugar onde despois se construíu o castelo [[venecia]]no que aínda está.
 
== Historia ==
O nome orixinal da illa sería Hyrie, pero recibiu o de Zakynthos ([[latín]] '''Zacynthus''') porque foi [[colonización grega|colonizada]] por Zakynthos o fillo de Dardano, procedente de Psofis en Arcadia (polo que a acrópole da cidade de Zakynthos foi chamada Psofis). [[Tucídides]] di que a illa foi colonizada polos [[aqueo]]s do [[Peloponeso]] no segundo milenio adC. A tradición di que a cidade fundou unha colonia, que foi [[Sagunto]], en colaboración con Rutulos de Ardea (supostamente antes da [[guerra de Troia]]). Os habitantes da illa foron hostís aos lacedemonios e a algúns fugitivos de [[Esparta]] que se refuxiaron en Zakynthos.