Estación espacial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 15:
Durante o mesmo tempo en que von Braun seguía as ideas de Potočnik, as axencias de deseño soviético (principalmente a de [[Vladimir Chelomey]]) proseguían as ideas de Tsiolkovsky como o proyecto [[OKB-52]]. O traballo para concretar a OKB-52 levou conxuntamente ao programa [[Almaz]] e á primeira estación espacial: a Salyut 1. O hardware desenvolvido polos soviéticos sentou as bases para as estacións espaciais Salyut e Mir, e aínda hoxe é unha parte considerable da estación espacial ISS.
 
Na [[década de 1960]] puxéronse en marcha diversos proxectos de investigación para lanzar unha estación espacial, como o proxecto do [[Manned OrbitalOrbiting Laboratory]] estadounidense. Non obstante, a primeira estación non chegou ata 1971, coa soviética [[Salyut 1]]. Dentro do [[programa Salyut]], lanzado entre 1971 e 1982, incluíronse cinco estacións espaciais civís do tipo DOS e catro militares do tipo Almaz. Deste segundo tipo, a primeira estación operativa foi a OPS-2 (chamada tamén [[Salyut 3]]), lanzada en 1974. A primeira estación estadounidense foi a [[Skylab]], derivada do [[programa Apollo]] e lanzada en 1973.
 
A [[Salyut 6]] marcou un novo récord de permanencia en 1980, coa misión da [[Soyuz 35]], que permaneceu 185 días no espazo e a [[Salyut 7]] en 1984, cunha misión de 237 días de duración. A estación espacial soviética [[Mir]], que comezou a ser construída en 1986, permitiu continuar coa realización de misións de longa duración, conseguindo o cosmonauta [[Valeri Poliakov]] a marca de permanencia no espazo nunha soa viaxe, pasando 437 días e 18 horas na estación entre 1994 e 1995.