Xurado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 9:
Asemade, o feito de que os [[xurisperito]]s tendan a cometer erros nos fallos de sentenzas debido a que se atañan unicamente a tecnicismos tamén é un xustificante adecuado para a existecia da institución do xurado.
 
== Sistemas de Xurado ==
 
En Europa existen tres sistemas de xurado: o puro ou anglosaxón; un sistema de xurado mixto, implantado en [[Austria]] e [[Bélxica]]; e o escabinado, ou tribunal de xuíces e legos, en países do noso contorno como [[Francia]], [[Alemaña]], [[Grecia]] e [[Portugal]].
Liña 20:
A [[doutrina xurídica]] coñece este sistema de xurado polo nome de '''xurado popular'''.
 
=== Sistema mixto ===
 
Neste tipo de xurados, os integrantes deliberan sós, sen xuíces, sobre a inocencia ou culpabilidade do acusado. Se o veredito é de absolución, decrétase esta e liberase ó reo. Non obstante, se é de condena, e a diferenza do '''xurado popular''', os xurados teñen que se reunir cos xuíces para decidiren a extensión das penas.
 
=== Xurado escabinado ou tribunal de escabinos ===
 
Esta clase de xurado está integrado por xuíces e cidadáns legos en dereito, que deliberan conxuntamente todo o obxecto do xuízo. Salvo en Alemaña, onde os [[maxistrado|maxistrados]] son maioría, a relación é dun maxistrado por cada tres cidadáns. Os xuíces escoitan o que din os cidadáns pero para condenar precísase unha maioría reforzada, de entre 7 e 9 votos de culpabilidade.
Liña 35:
 
 
=== Proposta do CXPX ===
 
O sector conservador do [[Consello Xeral do Poder Xudicial]] propuxo que cando tras un segundo xuízo con xurado non se chegue a un veredito, en vez de ditarse sentenza absolutoria como establece o artigo 65 da lei, se celebre un novo xuízo por un tribunal de [[Maxistratura|maxistrados]] profesionais. Os defensores do actual modelo opinan que unha absolución, despois de dous xuízos nos que non se obteñen sete votos de culpabilidade nin cinco de inocencia, non supón un "fracaso" do xurado, senón que é plenamente coherente coa institución: "A imposibilidade do veredito de culpabilidade é un veredito en si mesmo", alegan.