Meindert Hobbema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado táboa
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Meindert Hobbema casou a idade de 30 anos, o [[2 de novembro]] de [[1668]] na Oude Kerk (''Igrexa vella'') de Amsterdam cunha [[cociñeira]], Eeltje Vinck de Gorcum. Foron padriños, o irmán da noiva, Cornelius Vinck e o pintor [[Jacob van Ruisdael]], de quen era discípulo Hobbema. O matrimonio tivo catro fillos entre [[1668]] e [[1673]]. Por influencias da súa muller foi nomeado inspector de viños da cidade de Amsterdam (1669), cargo no que se mantivo durante corenta anos. Durante ese tempo a pintura non foi para el xa outra cousa que un segundo oficio. A parella viviu en Rozengracht, non lonxe da morada de [[Rembrandt van Rijn|Rembrandt]]. En [[1704]] faleceu a súa dona, e cinco anos despois, o 14 de decembro de 1709, morreu o pintor, que está inhumado na Armenfriedhof der Westerkerk (Cemiterio de pobres da Westerkwrk) en Amsterdam.
 
Para algúns é o máis grande dos pintores paisaxistas holandeses xunto con [[Jacob van Ruisdael]]. Hobbema é famoso polo seu impactante cadro "O camiño de Middelharnis" (''Het Laantje van Middelharnis''), [[1689]], na actualidade exposto na [[National Gallery]] de [[Londres]].