Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
André (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
Tras a sublevación de 1936, a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saiu ao pouco tempo e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]], voltou ao remate da [[Guerra civil española]] e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.
 
== Exilio ==
 
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uniuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no [[Primeiro Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].<br>