Xornada Mundial da Xuventude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-{{prettytable}} +{{Táboabonita}})
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
A '''Xornada Mundial da Xuventude''' (tamén coñecida co [[acrónimo]] WYD en inglés) é un encontro internacional dos mozos da [[Igrexa Católica]], coa presenza do [[Papa]]. Vense celebrando en dúas modalidades: o [[Domingo de Ramos]] de cada ano na igrexa local e un encontro co Papa en [[Roma]]; e cada dous ou tres anos unha cita específica do mundo cunha gran reunión que apoia o procedemento formal agora consolidado cos anos e cun grande numero de participantes de tódalas partes do mundo. Este último encontro, de varios días de duración, asóciase ó nome de ''Xornada Mundial da Xuventude''. En [[agosto]] do [[2005]] en [[Colonia]] celebrouse a [[Xornada Mundial da Xuventude 2005]] na que participaron un millón de xóvenes. A próxima terá lugar en [[Sidney]] do [[15 xullo|15]] ó [[20 xullo]] de [[2008]], a segunda, trala de [[Bos Aires]], organizada no hemisferio austral.
 
== O sentido da XMX ==
 
A Xornada Mundial da Xuventude propónse como unha forte e conmovedora experiencia da fe que ten como protagonistas ós mozos con todo o ambiente de novidade e de mirar cara o futuro con esperanza e dando testimuño de fé na [[Igrexa Católica]] e no mundo enteiro. Os participantes teñen obxectivos precisos: encontrarse, crecer interiormente a través do intercambio de experiencias e pregar co [[Papa]]. Isto fai deste día unha grande festa que representa a imaxe interior dos crentes. Pero non só. Trátase de feito dunha peregrinación verdadeira e non só unha xuntanza sinxela de mozos católicos, nin moito menos un tipo de encontro turístico - relixioso. A sé da Xornada é escollida polo Papa.
 
== A historia ==
 
=== As orixes ===
Durante o [[Xubileo do 1983-1984]], chamado ''Ano Santo da Redención'' en recordo da morte de [[Xesucristo]] 1950 anos atrás, entre as distintas celebracións dedicadas á xuventude, a máis importante tivo lugar na vixilia do [[Domingo de Ramos]] en [[Roma]]. Máis de 300.000 mozos procedentes de todas as partes do mundo (e acomodados en preto de 6.000 familias romanas) participaron no ''[[Xubileo dos Xoves 1984|Xubileo internacional da xuventude]]''. Entre moitos bispos estaban tamén presentes o [[Irmán Roger]] e a [[Nai Teresa de Calcuta]]. O papa [[Xoán Paulo II]] obsequiou a os mozos cunha cruz de madeira que simbolizaba "o amor do Señor [[Cristo|Xesús]] pola humanidade e como anuncio de que só en Cristo morto e resucitado esta a salvación e a redención".
 
Liña 16:
O Domingo de Ramos de [[1986]] tivo lugar en Roma a primeira Xornada Mundial da Xuventude, a primeira dunha serie delas que o marcaron definitivamente co alcume de "O Papa dos xoves". Naquela ocasión [[Xoán Paulo II|Karol Wojtyla]] rebelouse a si mesmo aos mozos de todo o mundo coa carta ''Sempre prestos a testemuñar a esperanza que está en vosoutros'', dando o seu apoio ós seus amigos para o ano seguinte. Lugar do encontro: [[Bos Aires]]. Agora a Xornada Mundial da Xuventude vén celebrándose cada ano, o día do Domingo de Ramos, en tódalas [[dioceses]]. Cada dous ou tres anos este acontecemento asume o aspecto dunha reunión internacional, e mozos de todo o mundo reúnense na cidade indicada xunto ó [[Papa|Santo Pai]] para confrontar a súa fe coa dos demais e meditar sobre o mensaxe que o Papa elixe pra cada ocasión. O organismo encargado da organización e da coordinación das Xornadas Mundiais da Xuventude è o [[Consello Pontificio para os Laicos]], cuxa Sección xove foi instituida no 1985 [http://www.vatican.va/roman_curia/pontifical_councils/laity/index_it.htm].
 
=== Os eventos sucesivos ===
[[Image:XMX Colonia 2005.JPG|400px|thumb|Participantes na XMX de Colonia no 2005]]
Os mozos que acoden a estes importantes encontros son sempre moi numerosos.
Liña 38:
O Papa [[Benedicto XVI]] comunicou a sé da [[Xornada Mundial da Xuventude 2008|vindeira XMX]] durante a celebración de clausura da [[Xornada Mundial da Xuventude 2005]] na grande explanada de [[Marienfeld]]. Como indicaban os primeiros rumores a cidade elixida fora [[Sidney]]: "''Neste momento, no cal a presenza viva de Cristo resucitado que nos alimenta a fe e a esperanza, sentímonos ditosos de anunciar que o vindeiro Encontro mundial da Xuventude terá lugar en Sidney, en [[Australia]], no [[2008]]. Confiamos á guía materna e primorosa de Maria Santísima o camino futuro dos xoves do mundo enteiro''".
 
== As Xornadas Mundiais da Xuventude ==
{| {{Táboabonita}} border="1" cellpadding="4"
! &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;Data&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; !! Cidade !! Participantes<sup>1</sup> !! Edición. !! Tema