Estefanía de Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de en.wiki
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Estefanía naceu en 1965 no [[Palacio do Príncipe de Mónaco]], terceira e último filla do príncipe [[Raniero III de Mónaco]] e de [[Grace Kelly]]. A súa madriña de bautismo foi a súa curmá [[Elizabeth Ann de Massy]], filla da [[Antonieta de Mónaco|princesa Antonieta]], mentres que o seu tío materno, [[John B. Kelly Jr.|John Brendan Kelly, Jr.]] foi o seu padriño.<ref name="palais">{{cita novas|url=http://www.palais.mc/monaco/palais-princier/english/h.s.h.-princess-stephanie/biography/biography.601.html |title=H.S.H. Princess Stéphanie |work=Prince's Palace of Monaco|accessdate=6 de febreiro de 2012|archiveurl=https://web.archive.org/web/20120212195037/http://www.palais.mc/monaco/palais-princier/english/h.s.h.-princess-stephanie/biography/biography.601.html |archivedate=12 de febreiro de 2012 |df=dmy-all}}</ref> Estefanía recibiu o seu nome en honor á súa antepasada [[Estefanía de Beauharnais]].
 
Estudou no Dames de Saint-Maur de Mónaco e despois na Dupanloud de París. Rematou o bacharelato en 1982.<ref>{{cita libro|last1=Englund |first1=Steven |title=Grace of Monaco: An Interpretive Biography |date=1984 |publisher=Doubleday |location=USA |isbn=0385188129 |url=https://archive.org/details/graceofmonacoint00engl |accessdate=31 de xaneiro de 2019}}</ref> Durante os seus anos de escola estudou [[danza clásica]] e [[piano]], tamén competiu en [[ximnasia]] e [[equitación]]. Fala fluidamente [[monegasco]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua inglesa|inglés]] e [[lingua italiana|italiano]].
 
O 13 de setembro de 1982, cando regresaban a [[Mónaco]] da súa casa de campo de [[Rocagel]] ([[Francia]]), ela e a súa nai sufriron un accidente de tráfico. Grace faleceu o día seguinte, mentres que Estefanía sufriu unha ruptura dunha vértebra do pescozo. Aínda que a versión oficial foi que Grace tivo un derramederramo cerebral mentres conducía, houbo rumores de que era Estefanía, que non asistiu ao funeral da súa nai por estar convalecente, quen conducía o vehículo. Estefanía negouse a falar da morte da súa nai ata 1989, cando deu unha entrevista en que dixo: "Hai moita presión sobre min, porque todo o mundo di que eu conducía o coche, que é a miña culpa, que matei a miña nai... Non é doado cando tes que vivir iso con dezasete anos".<ref>{{cita novas| url=http://articles.chicagotribune.com/1989-10-23/features/8901240679_1_chauffeur-prince-rainier-monaco | work=Chicago Tribune | title=Princess Grace's Fatal Crash: Her Daughter's Account | date=23 de outubro de 1989 |accessdate=8 de agosto de 2014}}</ref> A princesa non volveu falar do asunto ata 2002, cando concedeu unha entrevista á revista francesa ''[[Paris Match]]'' en que dixo: "Non só tiven que pasar polo horrible trauma de perder a miña nai a unha idade temperá, senón estar ao seu lado no momento do accidente. Ninguén pode imaxinar o moito que sufrín e que sigo sufrindo".<ref name="hello2">{{cita novas|url=http://www.hellomagazine.com/royalty/2002/10/11/stephanie/ |title=Princess Stephanie breaks her silence on the accident that killed her mother |work=[[Hello (revista)|Hello]] |date=11 de outubro de 2002 |accessdate=6 de febreiro de 2012}}</ref><ref>{{cita novas| url=https://www.theguardian.com/world/2002/oct/11/jonhenley | work=Guardian | title=Stephanie: 'I was not at wheel when Grace was killed'| date=11 de outubro de 2002 |accessdate=8 de agosto de 2014}}</ref>
 
=== Moda ===
O seu carácter díscolo e difícil, a súa axitada vida sentimental e a súa rechamante imaxe afastárona do prototipo de princesa europea e provocaron o alcume de «a princesa rebelde». Díxose repetidamente que Estefanía non asumía o seu papel dentro da familia principesca, sometido ao [[Protocolo (sociedade)|protocolo]] e obrigas sociais, e preferiu dedicarse ao mundo do espectáculo e do deseño.
 
En 1983, despois de recuperarse do accidente, comenzou un curso de aprendizaxe en [[Christian Dior, S. A.|Christian Dior]], baixo a dirección do xefe de deseño [[Marc Bohan]].<ref name="people7">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/article/0,,20089167,00.html |title=High Intrigue and Haute Couture: the Tainted Troubled Times of Monaco's Princess Stephanie |first=Gioia |last=Diliberto |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[People]] |date=19 de novembro de 1984|archiveurl=https://web.archive.org/web/20121120203548/http://www.people.com/people/article/0,,20089167,00.html |archivedate=20 de novembro de 2012 |df=dmy-all }}</ref> O ano seguinte debutou como modelo nunha reportaxe de roupa de [[alta costura]] para a revista española ''[[¡Hola!]].'' En 1985 apareceu na revista alemá ''[[Vogue (revista)|Vogue]]'' e na norteamericana ''[[Vanity Fair]]''.<ref name="peoplemodelling">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/article/0,,20090453,00.html |title=Princess Stephanie: Her Model's Portfolio |date=15 April 1985 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[People]]|archiveurl=https://web.archive.org/web/20121120203451/http://www.people.com/people/article/0,,20090453,00.html |archivedate=20 de novembro de 2012 |df=dmy-all }}</ref> Tamén foi imaxe da liña de beleza suíza [[La Prairie]].
 
En 1986 lanzou a súa primeira liña de traxes de baño con Alix de la Comble, a quen coñecera durante a súa estadía en prácticas en Dior. O desfile de moda para presentar a liña, que se celebrou no Club Sporting de Mónaco e ao que asistiron o príncipe [[Raniero III de Mónaco|Rainiero III]], o príncipe [[Alberte II de Mónaco|Alberte]] e a princesa [[Carolina de Mónaco|Carolina]], foi un acontecemento importante cuberto polos medios de comunicación de todo o mundo.<ref name="peoplefashion">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/article/0,,20091831,00.html |work=[[People (magazine)|People]] |title=Thanks to a Curious 'Family Friend,' Princess Stephanie's in the Swim—and Daddy's in Deep Water |date=30 de setembro de 1985 |accessdate=6 de febreiro de 2012|archiveurl=https://web.archive.org/web/20121120205123/http://www.people.com/people/article/0,,20091831,00.html |archivedate=20 de novembro de 2012 |df=dmy-all }}</ref> En 1989, Estefanía lanzou o seu propio perfume homónimo.<ref name="helloprofile">{{cita novas|url=http://www.hellomagazine.com/profiles/princess-stephanie-of-monaco/ |title=Latest news and profile of Princess Stephanie of Monaco |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[Hello (revista)|Hello]]}}</ref>
 
=== CarreraCarreira musical ===
[[Ficheiro:Stéphanie van Monaco (1986).jpg|esquerda|miniatura|Estefanía de Mónaco en 1986]]
En febreiro de 1986, Estefanía autoproduciu e publicou o seu primeiro sinxelo coa discográfica francesa [[Carrere Records|Carrere]], baixo a produción de Yves Roze. A canción "Ouragan" e a súa versión en Inglés "Irresistible" foron éxitos internacionais, vendendo máis de 2 millóns de copias. "Ouragan" é un dos sinxelos máis vendidos en Francia en toda a historia.<ref name="infodisc">{{cita novas|url=http://www.infodisc.fr/S_ToutTemps.php?debut=50 |title=Les meilleures ventes tout temps de 45 T. / Singles |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=Infodisc.fr |language=fr}}</ref> O álbum completo ''[[Besoin]]'', lanzado como ''Stéphanie'' nalgúns países, vendeu máis de 1,5 millón de exemplares, con 100&nbsp;000 só en Francia.<ref name="infodisc2">{{cita web |title=Les Certifications depuis 1973, database |url=http://www.infodisc.fr/Certif_Album.php |publisher=Infodisc |language=fr|accessdate=6 de febreiro de 2012}}</ref>
 
En xaneiro de 1987, Estefanía lanzou o sinxelo "Young Ones Everywhere" en beneficio de [[UNICEF]]. O mesmo ano, trasladouse aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] para gravar un novo álbum. O álbum ''[[Stéphanie (album)|Stéphanie]]'', publicado en 1991, tivo unhas vendas decepcionantes e críticas negativas,<ref name="peoplemusic">{{cita publicación periódica|url=http://www.people.com/people/article/0,,20115851,00.html |title=Picks and Pans Review: Stephanie |date=9 de setembro de 1991 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |magazine=[[People]] |last=Hiltbrand |first=David |archiveurl=https://web.archive.org/web/20121019092009/http://www.people.com/people/article/0,,20115851,00.html |archivedate=19 de outubro de 2012 |df=dmy-all }}</ref> a pesar da xira promocional que incluíu unha actuación no ''[[The Oprah Winfrey Show|programa]]'' de [[Oprah Winfrey]].<ref name="oprah">{{cita novas|url=http://www.oprah.com/oprahshow/Royalty-on-The-Oprah-Show/4 |date=28 April 2011 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[The Oprah Winfrey Show]] |title=Monaco's Princess Stephanie}}</ref> Estefanía rematou así a súa carreira musical después de gravar "[[In the Closet]]" con [[Michael Jackson]] para o seu álbum ''[[Dangerous (álbum de Michael Jackson)|Dangerous]]''. A canción converteuse nun éxito en todo o mundo e entrou no ''top ten'' nos Estados Unidos; porén, Estefanía foi acreditada como "Mystery Girl" e a súa participación na canción non se revelou ata uns anos máis tarde.
 
Fixo unha breve volta á canción en 2006, cando gravou "[[L'Or de nos vies]]", un sinxelo benéfico, xunto coa súa fundación para combater a [[sida]].<ref name="unaids">{{cita novas|url=http://www.unaids.org/en/resources/presscentre/featurestories/2006/december/20061207hshstephaniefundraisingen/ |work=[[Joint United Nations Programme on HIV/AIDS]] |title=UNAIDS Special Representative HSH Princess Stephanie of Monaco leads creative AIDS fundraising activities |date=7 de decembro de 2006 |accessdate=7 de febreiro de 2012}}</ref>
 
== Vida persoal ==
[[Ficheiro:Royal Monogram of Princess Stephanie of Monaco.svg|miniatura|esquerda|100px|Monograma real]]
Stéphanie saíu con [[Paul Belmondo]],<ref name="people5">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/archive/article/0,,20084214,00.html |title=After Tragedy, a Healing Love |date=7 de febreiro de 1983 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[People]] |first=Gioia |last=Diliberto}}</ref> [[Anthony Delon]],<ref name="people8">{{cita novas |url=http://www.people.com/people/article/0,,20089123,00.html |title=Stephanie Wards Off the Autumn Chill with a Batch of Beaus |date=12 de novembro de 1984 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[People]]|archiveurl=https://web.archive.org/web/20121120203912/http://www.people.com/people/article/0,,20089123,00.html |archivedate=20 de novembro de 2012 |df=dmy-all }}</ref> [[Rob Lowe]], Mario Oliver Jutard e Jean-Yves Le Fur antes de comezar unha relación co seu escolta [[Daniel Ducruet]] en 1992.<ref name="people1">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/archive/article/0,,20112908,00.html |title=A Princess Reborn |date=15 de xuño de 1992 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[People]] |first=Michelle |last=Green}}</ref>
 
A parella tivo dous fillos, [[Louis Ducruet|Louis]] e [[Pauline Ducruet]], nados en 1992 e 1994 respectivamente no [[Hospital Princesa Grace]] en Mónaco. Os nenos foron incluídos na liña de sucesión ao trono monegasco cando Estefanía casou con Ducruet o 1 de xullo de 1995 no concello de Mónaco.<ref name="nytimes">{{cita novas|url=https://www.nytimes.com/1995/07/03/nyregion/chronicle-151195.html |title=Chronicle |date=3 de xullo de 1995 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[The New York Times]] |first=James |last=Barron}}</ref> A parella divorciouse o 4 de outubro de 1996.<ref>{{Cita web|url=https://people.com/royals/princess-stephanie-controversial-moments/|title=The Princess Who Married Her Bodyguard and Joined the Circus: Stéphanie of Monaco's 5 Most Memorable Moments|website=PEOPLE.com|language=en|access-date=2019-04-23}}</ref><ref>https://web.archive.org/web/20170401000303/http://people.com/archive/his-cheatin-heart-vol-46-no-12/</ref>
 
Estefanía deu a luz a súa terceira filla, Camille Gottlieb, o 15 de xullo de 1998 no Hospital Princesa Grace.<ref name="hello1">{{cita novas|url=http://www1.hellomagazine.com/royalty/201001152748/princess-stephanie/pauline-daughter/monaco-circus/1/ |title=Princess Stephanie's pretty daughter Pauline takes centre stage at circus fest |work=[[Hello (revista)|Hello]] |accessdate=6 de febreiro de 2012 |date=15 de xaneiro de 2010}}</ref> Aínda que no certificado de nacemento nos se incluíu o nome do pai, sospeitouse dende o principio que era o seu xefe de seguridade [[Jean Raymond Gottlieb]]<ref name="people2">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/archive/article/0,,20124960,00.html |title=Mum's the Word |work=[[People]] |date=13 de abril de 1998 |accessdate=6 de febreiro de 2012}}</ref> e de feito, a propia Camille recoñeceu a Gottlieb como o seu pai.<ref>[https://www.instagram.com/p/BUztfPXFqOX/ Instagram]</ref> Como os seus pais nunca casaron, Camille non está incluída na liña de sucesión ao trono.
[[Ficheiro:Міжнародний фестиваль у Монте-Карло.JPG|miniatura|Estefanía e o seu irmán Alberte en agosto de 2013]]
En 2001, Estefanía comezou unha relación cun adestrador de elefantes casado, Franco Knie, e mudouse cos seus tres fillos á súa caravana de circo. Porén, a relación rematou en 2002, e a familia volveu a Mónaco.<ref>{{Cita web|url=https://people.com/royals/princess-stephanie-controversial-moments/|title=The Princess Who Married Her Bodyguard and Joined the Circus: Stéphanie of Monaco's 5 Most Memorable Moments|website=PEOPLE.com|language=en|access-date=2019-04-23}}</ref> O 12 de setembro de 2003, Stéphanie casou co acróbata portugués [[Adans Lopez Peres]], membro do elenco do circo Knie.<ref name="gva">{{cita novas|url=http://www.gva.be/Archief/guid/prinses-stephanie-van-monaco-opnieuw-getrouwd.aspx?artikel=8323107c-a5fd-4669-afb2-169365a46fd8 |title=Prinses Stéphanie van Monaco opnieuw getrouwd |work=[[Gazet van Antwerpen]] |date=16 de setembro de 2003 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |language=nl}}</ref> O matrimonio acabou en divorcio o 24 de novembro de 2004.<ref name="hello3">{{cita novas|url=http://royalweddings.hellomagazine.com/prince-albert-monaco-charlene-wittstock/20110614708/princess-caroline-princess-stephanie-weddings-photo-gallery/ |title=The turbulent love life and marriages of Albert's sisters |date=14 de xuño de 2011 |accessdate=6 de febreiro de 2012 |work=[[Hello (revista)|Hello]]}}</ref>
 
Estefanía é a madriña de [[Andrea Casiraghi]], fillo máis vello da súa irmá [[Carolina de Mónaco|Carolina]].<ref name="people6">{{cita novas|url=http://www.people.com/people/archive/article/0,,20088135,00.html |work=[[People]] |title=A New Beginning for Monaco's Princess |date=25 de xuño de 1984 |first=Gioia |last=Diliberto |accessdate=6 de febreiro de 2012}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==